Saltar ao contido

Comité Olímpico do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comité Olímpico do Brasil
Logo
TipoComité olímpico nacional
Data de fundación1914
SedeRío de Xaneiro
PaísBrasil
Na rede
https://cob.org.br
editar datos en Wikidata ]

O Comité Olímpico do Brasil ou COB (en portugués: Comitê Olímpico do Brasil) é a organización responsábel do deporte brasileiro e o deporte olímpico brasileiro. Foi creado oficialmente 8 de xuño de 1914, mais a primeira guerra mundial provocou que as súas actividades oficiais comezasen en 1935. Foi fundado na sede central da Federación Brasileira das Sociedades de Remo como unha iniciativa da Liga Metropolitana de Deportes Atléticos. O actual presidente do COB, dende o día 11 de outubro de 2017, é o judoca Paulo Wanderley Teixeira.[1]

A sede do COB atópase na Barra da Tijuca, na cidade de Río de Xaneiro.

  1. Comitê Olímpico do Brasil, ed. (11 de outubro de 2017). "CONHEÇA O NOVO PRESIDENTE DO COB" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]