Circuíto de Mugello
Circuíto de Mugello | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | Gran Premio de Motociclismo de Italia, A1GP, DTM, WSBK, Fórmula 1 |
Localización | Mugello, Toscana, Italia |
Coordenadas | |
Circuíto pechado (1974–presente) | |
superficie | Asfalto |
Lonxitude km | 5´245 |
Curvas | 15 |
Volta rápida | 1:18.833 |
Piloto récord | Lewis Hamilton, Gran Premio da Toscana de 2020 |
Escudería récord | Mercedes |
Circuíto de estrada (1919–1970) | |
superficie | Asfalto - Formigón |
Lonxitude km | 66´200 |
Curvas | +400 |
Volta rápida | 29:51.100 |
Piloto récord | Arturo Merzario, Abarth Corse, Abarth 2000 SP, 1970 |
Escudería récord | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Mugello (Autodromo Internazionale del Mugello) é unha pista de carreiras en Mugello, Toscana, Italia. A súa lonxitude é de 5245 km. Conta con 15 curvas e unha longa recta de 1141 metros.[1] As bancadas do estadio circuíto ten unha capacidade de 50.000 espectadores.
Acolle a carreira anual do Gran Premio de Motociclismo de Italia (MotoGP e as clases máis pequenas). Ademais, acolle unha carreira anual da Deutsche Tourenwagen Masters. A pista é propiedade da Scuderia Ferrari, que a utiliza para as súas probas de Fórmula Un. A primeira carreira da A1GP tempada 2008/09 foi planeada orixinalmente para ser celebrada no circuíto de Mugello o 21 de setembro de 2008. Con todo, a carreira tivo que ser cancelada debido á demora na a construción do novo chasis para os novos coches de carreiras.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Disputáronse carreiras de ruta na vía pública (carreiras de estrada) ao redor de Mugello desde a década de 1920. Giuseppe Campari gañou alí en 1920 e 1921, Emilio Materassi en 1925, 1926 e 1928.
O Mugello GP foi restablecido en 1955 e desde 1964 ata 1969 disputouse como a Targa Florio, carreira de ruta que consta de oito voltas de 66,2 km cada unha, incluíndo o Passo della Futa da famosa Mille Miglia. A pista en sentido antihorario pasaba polas cidades de San Piero a Sieve, Scarperia, Violla, Firenzuola, Selva e San Lucía. Puntuou para ao Campionato Mundial de Sportscar de 1965, 1966 e 1967. A última carreira do Campionato Mundial foi gañada[3] por Udo Schütz e Gerhard Mitter nun Porsche 910. Logo de dúas vitorias de Porsche, os afeccionados locais poderían celebralo de novo en 1968, cando o Alfa Romeo Tipo 33 pilotado por Luciano Bianchi, Nanni Galli e Nino Vaccarella derrotou ao Porsche pilotado por Rico Steinemann e Jo Siffert, e en 1969, cando Arturo Merzario gañou cun Abarth 2000, e gañou de novo en 1970 co mesmo coche, onde Abarth se impuxo 1º, 2º e 3º con Leo Kinnunen e Gijs Van Lennep 2º e 3º respectivamente. O evento de 1970 significou o fin do circuíto de Mugello de estrada de 66 quilómetros, un bebé de sete meses de idade, morreu cando o piloto local de Spartaco Dini chocou co seu Alfa Romeo GTA contra un grupo de persoas na vila de Firenzuola durante unha proba, as estradas estaban abertas ao público (os camiños soamente pechábanse o día da carreira e para a cualificación, e quedaban abertas o resto dos días incluíndo a práctica aberta para a carreira). Outros catro espectadores, incluíndo 2 nenos pequenos resultaron gravemente feridos. Malia que só houbera unha vítima mortal anterior no circuíto orixinal de Mugello (Günther Klass en 1967), decidiuse que a carreira de 1970 fora a última celebrada no circuíto de estrada, foi gañado novamente por Merzario. Logo deste incidente, Dini pasou 2 meses no cárcere, e despois correu fóra de Italia e non regresou durante anos.
O actual circuíto pechado de Mugello foi construído en 1973 e inaugurado en 1974, uns cinco km ao leste da parte máis oriental do circuíto de estrada orixinal.
O circuíto utilizouse nas probas realizadas do 1 ao 3 de maio durante a tempada 2012 de Fórmula Un, por todos os equipos excepto HRT. A pista foi eloxiada por Mark Webber, quen declarou que "hoxe fixen 10 voltas en seco ao redor de Mugello, que é o mesmo que facer 1000 voltas ao redor da pista de Abu Zabi en términos de satisfacción".[4] O catro veces campión do mundo de Fórmula Un Sebastian Vettel tamén quedou impresionado, dicindo que "por desgraza non temos esta pista no calendario. É un circuíto incrible cunha chea de curvas de alta velocidade".[5] Por outra banda, Vitaly Petrov de Caterham F1 queixouse de que "Non é seguro nin o suficientemente ancho. Se te saes, os muros están moi preto e romperan nos pneumáticos. Non vale para á Fórmula 1 e, se perdes a dirección ou cae a presión dos pneumáticos ou o que sexa, entón será un grande accidente."[6] Con todo, dispón dunha licenza de grado 1 da FIA, o que significa que cumpre coas normas para albergar unha carreira de Fórmula 1.[7] Unha marca non oficial da pista 1:21.035 logrouna Romain Grosjean durante os tests.[8]
Ganadores do Gran Premio de Mugello
[editar | editar a fonte]Os gañadores do Gran Premio del Mugello de automóbiles (1919–1969: Circuito del Mugello, 1974–presente. Gran Premio del Mugello) son:[9][10][11][12][13]
Gañadores no circuíto pechado (5,245 km)
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Construtor | Clase | Resultados | |
---|---|---|---|---|---|
2000 | Ricardo Sperafico | Lola | Fórmula 3000 | Resultados | |
1999 | Non celebrado | ||||
1998 | |||||
1997 | Ricardo Zonta | Lola | Fórmula 3000 | Resultados | |
1996 | Ricardo Zonta | Lola | Resultados | ||
1995 - 1992 |
Non celebrado | ||||
1991 | Alessandro Zanardi | Reynard | Fórmula 3000 | Resultados | |
1990 - 1987 |
Non celebrado | ||||
1986 | Pierluigi Martini | Ralt | Fórmula 3000 | Resultados | |
1985 | Non celebrado | ||||
1984 | Mike Thackwell | Ralt | Fórmula 2 | Resultados | |
1983 | Jonathan Palmer | Ralt | Resultados | ||
1982 | Corrado Fabi | March | Resultados | ||
1981 | Corrado Fabi | March | Resultados | ||
1980 | Brian Henton | Toleman | Resultados | ||
1979 | Brian Henton | March | Resultados | ||
1978 | Derek Daly | Chevron | Resultados | ||
1977 | Bruno Giacomelli | March | Resultados | ||
1976 | Jean-Pierre Jabouille | Elf | Resultados | ||
1975 | Maurizio Flammini | March | Resultados | ||
1974 | Patrick Depailler | March | Resultados |
Gañadores no circuíto de estrada (66,2 km)
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Construtor | Clase | Resultados | |
---|---|---|---|---|---|
1970 | Arturo Merzario | Abarth | Sports car | Resultados | |
1969 | Arturo Merzario | Abarth | Resultados | ||
1968 | Lucien Bianchi Nino Vaccarella Nanni Galli |
Alfa Romeo | Resultados | ||
1967 | Gerhard Mitter Udo Schütz |
Porsche | Resultados | ||
1966 | Gerhard Koch Jochen Neerpasch |
Porsche | Resultados | ||
1965 | Mario Casoni Antonio Nicodemi |
Ferrari | Resultados | ||
1964 | Gianni Bulgari | Porsche | Resultados | ||
1963 - 1956 |
Non celebrado | ||||
1955 | Umberto Maglioli | Ferrari | Sports car | Resultados | |
1954 - 1930 |
Non celebrado | ||||
1929 | Gastone Brilli-Peri | Talbot | Grand Prix | Resultados | |
1928 | Emilio Materassi | Talbot | Fórmula Libre | Resultados | |
1927 | Non celebrado | ||||
1926 | Emilio Materassi | Itala | Fórmula Libre | Resultados | |
1925 | Emilio Materassi | Itala | Resultados | ||
1924 | Giuseppe Morandi | OM | Resultados | ||
1923 | Gastone Brilli-Peri | Steyr | Resultados | ||
1922 | Alfieri Maserati | Isotta-Fraschini | Resultados | ||
1921 | Giuseppe Campari | Alfa Romeo | Resultados | ||
1920 | Giuseppe Campari | Alfa Romeo | Resultados |
Volta rápida
[editar | editar a fonte]Categoría | Tempo | Piloto | Coche/Moto | Data | |
---|---|---|---|---|---|
F1 | 1:15.144 | Lewis Hamilton | Mercedes-AMG F1 W11 EQ Performance | Cualificación do Gran Premio da Toscana de 2020 | [14] |
Group C | 1:39.07 | Riccardo Patrese | Lancia LC2 | 1000 km de Mugello de 1985 | |
DTM | 1:43.079 | Timo Scheider | Audi A4 DTM | Deutsche Tourenwagen Masters de 2008 | |
F2 | 1:43.92 | Mike Thackwell | Ralt-Honda RH6 | Gran Premio de Mugello de 1984 | |
MotoGP | 1:46.489 | Andrea Iannone | Ducati | Gran Premio de Motociclismo de Italia de 2015 | |
GT1 | 1:48.436 | Andrea Bertolini | Maserati MC12 | 2006 FIA GT Mugello 500km | |
Moto2 | 1:51.514 | Sam Lowes | Speed Up | Gran Premio de Motociclismo de Italia de 2015 | |
Moto3 | 1:56.999 | Álex Rins | Honda | Gran Premio de Motociclismo de Italia de 2014 |
Todos os gañadores de Fórmula 1. no circuíto de Mugello
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2020 | Lewis Hamilton | Mercedes | 2:19:35,060 h | 5´245 km | 59 | 133´037 km/h | 13. setembro | Toscana |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ "A1GP : News". A1gp.com. 21 August 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2008. Consultado o 2 May 2009.
- ↑ "World Championship 1967". Wspr-racing.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 2 de maio de 2009.
- ↑ "Mark Webber about Mugello circuit". Twitter. Consultado o 3 May 2012.
- ↑ "Sebastian Vettel on Mugello". James Allen on F1. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 3 de maio de 2012.
- ↑ "Petrov complains about Mugello circuit". Autosport. Consultado o 3 de maio de 2012.
- ↑ "List of FIA licensed circuits" (PDF). 6 de febreiro de 2015.
- ↑ "Mugello day three - Grosjean ends test on a high". formula1.com. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ "Grand Prix winners 1919–1933, The golden era of Grand Prix racing". Kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2010.
- ↑ "Non Championship Races, The World of Sports Prototypes Racing". Wspr-racing.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2010.
- ↑ "World Sportscar Championship, The World of Sports Prototypes Racing". Wspr-racing.com. Consultado o 11 de decembro de 2010.
- ↑ http://www.formula2.net/index.html
- ↑ "Gran Premio di Mugello, The Racing Line". Theracingline.net. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2010.
- ↑ Galloway, James (12 de setembro de 2020). "Tuscan GP Qualifying: Lewis Hamilton claims Mugello pole from Valtteri Bottas". Sky Sports (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Website English/Italian
- RacingCircuits.info's history of Mugello Circuit
- Trackpedia's guide to Mugello Arquivado 09 de maio de 2014 en Wayback Machine.
- https://web.archive.org/web/20160206232947/http://www.circuitostradaledelmugello.it/
- https://web.archive.org/web/20160307030039/http://theracingline.net/racingcircuits/racingcircuits/italy/mugelloold.html
- Free audio walkthrough of the track, for use with games
- Stadium Journey Article