Catro vodas e un funeral
Catro vodas e un funeral | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Four Weddings and a Funeral |
Director | Mike Newell |
Produtor | Duncan Kenworthy |
Guión | Richard Curtis |
Intérpretes | |
Música | Richard Rodney Bennett |
Fotografía | Michael Coulter |
Montaxe | Jon Gregory |
Estudio | |
Distribuidora | Rank Film Distributors |
Estrea | Sundance: 20 de xaneiro de 1994 13 de maio de 1994 29 de xullo de 2000 (TVG) |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 3 millóns de libras |
Recadación | 245,7 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Catro vodas e un funeral (en inglés: Four Weddings and a Funeral) é un filme británico de 1994 dirixido por Mike Newell. É o primeiro de varios filmes do guionista Richard Curtis nos que aparece Hugh Grant, e conta as aventuras de Charles (Grant) e do seu círculo de amigos a través de varios eventos sociais. Andie MacDowell interpreta a Carrie, o interese amoroso de Charles, e o elenco complétase con Kristin Scott Thomas, James Fleet, Simon Callow, John Hannah, Charlotte Coleman, David Bower, Corin Redgrave e Rowan Atkinson.
Estreouse en galego o 29 de xullo de 2000 na TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Charles e os seus amigos, todos solteiros e sen compromiso, chegaron a unha idade en que os seus coñecidos comezan a contraer matrimonio. Nunha das cerimonias, á que están todos convidados, Charles coñece a Carrie, unha moza estadounidense da que se namora inmediatamente, mais despois de pasar a noite xuntos non volven verse. Terán que agardar á seguinte voda, en que Carrie presenta a Charles ao seu prometido.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hugh Grant como Charles
- Andie MacDowell como Carrie
- James Fleet como Tom
- Simon Callow como Gareth
- John Hannah como Matthew
- Kristin Scott Thomas como Fiona
- David Bower como David
- Charlotte Coleman como Scarlett
- Timothy Walker como Angus
- Sara Crowe como Laura
- Rowan Atkinson como Gerald
- David Haig como Bernard Delaney
- Sophie Thompson como Lydia Hibbot
- Corin Redgrave como Hamish Banks
- Anna Chancellor como Henrietta
- Rupert Vansittart como George
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Four Weddings and a Funeral (1994). Box Office Mojo. Consultado o 22 de agosto de 2016.
- ↑ Versión en galego (ed.). "Catro vodas e un funeral na TVG". Consultado o 22 de agosto de 2021.
- ↑ "Four Weddings and a funeral". The New York Times.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catro vodas e un funeral na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1994
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Mike Newell
- Filmes independentes do Reino Unido
- Filmes de Working Title Films
- Filmes de PolyGram Filmed Entertainment
- Filmes rodados en Londres
- Filmes rodados en Buckinghamshire
- Filmes de Shepperton Studios
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes sobre vodas
- Filmes sobre parellas
- Filmes de Film4 Productions
- Filmes de 1994 con versión en galego