Carriza luminosa
Schistostega | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carriza luminosa fotografada no Xapón. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Schistostega pennata (Hedw.) F.Weber & D.Mohr |
Schistostega pennata, chamada comunmente carriza luminosa ou carriza luminescente [1], é unha carriza que se coñece por ter aparencia luminosa en lugares escuros. É o único membro da familia Schistosteagaceae.
Bioluminiscencia
[editar | editar a fonte]O protonema (uns filamentos que xorden da xerminación das esporas e que dará lugar ao gametófito maduro) é o característico desta carriza. Está formado por unhas celas esféricas cunhas vacuolas que actúan a xeito de lentes para recolleren a luz e levala aos cloroplastos próximos, que reflicten a luz verdosa.
Hábitat e preservación
[editar | editar a fonte]Vive en terreos moi húmidos en que non lles dá o sol directamente, e cun ambiente ácido. Iso fai que apareza en covas naturais e artificiais onde se atopar o ferro, aínda que tamén aparece en raíces de árbores ou no granito dos cantís.
Schistostega pennata está na listaxe vermella de especies ameazadas, porque os seus hábitats son moi fráxiles e alterábeis.
Este musgo atópase en Europa, así como na China, Siberia, Xapón[2].
Tamén foi descuberto nuns poucos lugares de Galicia, como nos arredores do Castro de Viladonga[3] ou as fragas do Eume.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ USDA Forest Service, Gotchen Risk Reduction and Restoration Project, arquivado dende o o orixinal o 29 de abril de 2015
- ↑ "Schistostega pennata". Moss Flora of China.
- ↑ Reinoso Franco, Juan (1998), El musgo luminoso Schistostega pennata en el castro de Viladonga (Lugo) Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine., CROA, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8, pp. 29-32
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carriza luminosa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scientific illustration
- Imaxes por Matt Goff