Saltar ao contido

Carlos Álvarez Botana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Álvarez Botana
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 2007 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Murcia
  Deportivo da Coruña

Carlos Álvarz Botana, nado na Coruña o 17 de decembro de 1936 e finado na mesma cidade o 20 de xaneiro de 2007, foi un futbolista galego. Xogaba alternativamente de defensa ou centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Curmán de tamén deportivista Waldo Botana, Carlos formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, e en 1954 foi ascendido ao primeiro equipo e cedido ao Deportivo Xuvenil. Ese mesmo ano proclamouse campión, xunto cos seus compañeiros da selección española, do Campionato Mundial Xuvenil que se celebraba en Alemaña.[1]

Na tempada 1954–55 debutou co Deportivo Xuvenil en Segunda División, participando en 20 partidos e anotando un gol. Esa foi a única campaña do Xuvenil en Segunda División, descendendo a Terceira ao remate da mesma.

Na tempada 1955–56 volveu ao Deportivo da Coruña, co que debutou en Primeira División, participando en 17 partidos e anotando un gol. Ese ano o club branquiazul contou con tres adestradores, Vizoso, Pahiño e Ángel Zubieta. O seu primeiro (e único) gol en Primeira División produciuse na xornada 7, nunha vitoria en Riazor fronte o Sevilla FC (3–2), marcando Botana o primeiro tanto.

Na tempada 1956–57 fichou polo CD Castellón, de Segunda División, onde participaría en 35 partidos e anotaría 5 goles, pero sen lograr a permanencia na categoría.

Na tempada 1957–58 firmou co Real Murcia, de Segunda División, participando en 18 partidos e sen lograr ningún gol.

Na tempada 1958–59 fichou polo Cádiz CF, de Segunda División, onde permanecceu dúas campañas. No club andaluz participou en 21 partidos e logrou 5 goles.

Na tempada 1960–61 volveu ao Deportivo da Coruña, en Segunda División. No equipo coruñés participou en 3 encontros de cara ao final da campaña, sendo un dos defensas menos habituais, xunto con Juan Luis Igartua, do cadro adestrado por Juan Otxoantezana. Ese ano lograría o ascenso a Primeira División.

Na tempada 1962-63 fichou polo Racing Club de Ferrol, que estaba na Terceira División (a onde descendera dous anos antes), e no cadro verde participou só en 5 partidos.

  1. Martialay, Félix (1 de xaneiro de 2022). "España campeona del VII Torneo Juvenil de la FIFA (1954)". Cuadernos de fútbol (en castelán) (138). ISSN 1989-6379. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]