Saltar ao contido

Bob Brown (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBob Brown

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Robert James Brown Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Oberon, Australia Editar o valor en Wikidata
Senador de Australia
1 de xullo de 1996 – 15 de xuño de 2012 – Peter Whish-Wilson →
Circunscrición electoral: Tasmania
Deputado na Asemblea de Tasmania
4 de xaneiro de 1983 – 12 de febreiro de 1993
← Norm SandersPeg Putt →
Circunscrición electoral: Denison
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónPresbiterianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Medicina de Sydney
Coffs Harbour High School
Universidade de Sydney
Blacktown Boys High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoVerdes Australianos Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webbobbrown.org.au Editar o valor en Wikidata
Twitter: BobBrownFndn Musicbrainz: 75523026-f144-4380-8b1a-46a4484e07c7 Editar o valor en Wikidata

Robert James Brown, nado en Oberon, Nova Gales do Sur o 27 de decembro de 1944, é un expolítico, ecoloxista e doutor australiano. Foi senador e líder parlamentario do partido político Verdes Australianos. Brown foi elixido para o Senado de Australia polos Verdes de Tasmania, uníndose á senadora en funcións Dee Margetts dos Verdes de Australia Occidental para formar o primeiro grupo de senadores dos Verdes de Australia despois das eleccións federais de 1996. Foi reelixido nas eleccións de 2001 e 2007. Foi o primeiro membro abertamente homosexual do Parlamento de Australia e o primeiro líder abertamente homosexual dun partido político australiano.

Mentres foi membro do parlamento de Tasmania, Brown fixo campaña con éxito por un grande aumento das áreas salvaxes protexidas. Brown liderou os Verdes Australianos dende a fundación do partido en 1992 até abril de 2012, período no que nas enquisas creceron até o 10% a nivel estatal e federal (13,1% dos votos das primarias en 2010).[1] De 2002 a 2004, período no que os partidos menores mantiveron o equilibrio de poder no Senado, Brown converteuse nun político moi recoñecido. En outubro de 2003 Brown foi obxecto do interese dos medios internacionais cando foi suspendido do parlamento por intervir durante un discurso do presidente dos Estados Unidos George W. Bush.

O 13 de abril de 2012, Brown dimitiu como líder dos Verdes e indicou a súa intención de dimitir do Senado en xuño. Isto ocorreu o 15 de xuño de 2012.[2]

  1. "Election 2010 blog". Australian. 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2012. Consultado o 4 de maio de 2012. 
  2. Ireland, Judith; Wright, Jessica (13 de abril de 2012). "Bob Brown resigns as Greens leader and senator". The Sydney Morning Herald. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2012. Consultado o 13 de abril de 2012.