"Bizarre Love Triangle" é unha canión da banda inglesa de synthpopNew Order, publicada como sinxelo en 1986 do seu cuarto álbum de estudio, Brotherhood. O sinxelo entrou no top 5 da lista estadounicense Hot Dance Music/Club Play Singles,[1] e foi número 5 na australiana ARIA Charts (chegando ao 1 das listas do estado de Victoria) en marzo de 1987.[2]
Non conseguiu entrar no top 40 nin no Reino Unido (só chegou ao número 56)[3] nin da lista estadounidense Billboard Hot 100. Nos Estados Unidos a canción chegou ao 8 da lista Hot Dance Music/Maxi-Singles Sales, pero non entrou na Hot 100 durante o seu lanzamento orixinal de 1986. Porén, incluíuse unha nova remestura no recompilatorio The Best of New Order de 1994 e finalmente chegou a aparecer no número 98 desa lista en 1995.
As edicións estadounidense indican "Bizarre Dub Triangle" como "I Don't Care", supostamente debido a que unha persoa da discográfica contactou co representante de New Order, Rob Gretton, para preguntarlle o nome da mestura e Gretton dixo "I don't care" (non me importa)[4]
CD: Qwest 9 20546-2 (Estados Unidos) - editado en 1994