Bhaskara II
Nome orixinal | (sa) भास्करा चार्य |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (sa) भास्करा c. 1114 distrito de Bijapur, India (pt) , presumiblemente |
Morte | c. 1185 (70/71 anos) Ujjain, India (pt) , presumiblemente |
Actividade | |
Campo de traballo | Álxebra |
Ocupación | matemático, astrónomo, astrólogo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Maheśvara |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
- Para outros sinónimos, véxase Bhaskara.
Bhaskara (1114 - 1185), tamén coñecido como Bhaskara II e Bhaskara Achārya ("Bhaskara o profesor"), foi un matemático e astrónomo indio.
Naceu preto de Bijjada Bida (hoxe en día o distrito de Bijapur, estado de Karnataka, India do Sur) e foi director do observatorio astronómico de Ujjain, continuando a tradición matemática de Varahamihira e Brahmagupta.
Bhaskara representa o cumio do coñecemento matemático e astronómico no século XII. Alcanzou un coñecemento de cálculo, astronomía, os sistemas de numeración e a resolución de ecuacións que non fora alcanzado en ningunha parte do mundo durante varios séculos. Os seus principais traballos foron o Lilavati (sobre aritmética), Bijaganita (Álxebra) e Siddhanta Shiromani (escrito en 1150) que consta de dúas partes: Goladhyaya (esfera) e Grahaganita (matemáticas dos planetas).
Lendas
[editar | editar a fonte]Lilavati, o seu libro sobre aritmética, é a fonte de interesantes lendas que afirman que foi escrito para a súa filla, Lilavati. Nun destes relatos, encontrado nunha tradución persa de Lilavati, Bhaskara II estudou o horóscopo de Lilavati e predixo que o seu marido morrería pouco despois do matrimonio, se o enlace non sucedía nun momento determinado. Para impedir isto, colocou unha cunca cun pequeno burato na parte inferior dunha vasilla chea de auga, colocada de maneira que a cunca afundiría cando comezase a hora propicia. Puxo o mecanismo nun cuarto cun aviso a Lilavati de que non se acercara ao aparello. Aínda que ela, por curiosidade, foi mirar, coa mala sorte de que unha perla do seu aro do nariz caeu accidentalmente dentro, o que afectou o funcionamento do artefacto. O casamento tivo lugar, por iso, en tempo non propicio, de xeito que Lilavanti quedou viúva axiña. Dise que Bhaskara lle ensinou matemáticas para consolala na súa dor e escribiu ese libro para ela.
Matemáticas
[editar | editar a fonte]Algunhas das achegas de Bhaskara ás matemáticas foron as seguintes:
- Unha demostración do teorema de Pitágoras calculando a mesma área de dúas maneiras diferentes e despois anulando termos para obter .
- En Lilavati, solucións de ecuacións indeterminadas de segundo grao, de terceiro grao e de cuarto grao.
- Solucións de ecuacións de segundo grao indeterminadas (do tipo ax2 + b = y2).
- Solucións enteiras de ecuacións indeterminadas lineais e de segundo grao (Kuttaka). As regras que dá son as mesmas que as dadas polos matemáticos europeos do Renacemento do século XVII.
Bhaskara II chegou á conclusión seguinte: " 1 / 0 = ∞ " (un dividido por cero = infinito) xa que para alcanzar a unidade se ten de recorrer sempre a un divisor fraccional máis pequeno; unha vez realizada a división o resto ten que dividirse sempre por un divisor máis pequeno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |