Batalla de Little Bighorn
Batalla de Little Bighorn | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra de Black Hills | |||||||||
"The Custer Fight" de Charles Marion Russell. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Pobo lakota Pobo cheyenne Pobo arapaho |
Estados Unidos de América | ||||||||
Líderes | |||||||||
Touro Sentado Cabalo Tolo Gall Lame White Man † |
George A. Custer † Marcus Reno Frederick Benteen Myles Keogh † James Calhoun † Bloody Knife † | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
~900–2 500 | ~647 | ||||||||
Baixas | |||||||||
36-136 mortos 160 feridos |
~268 mortos ~55 feridos |
A Batalla de Little Bighorn, foi un enfrontamento armado entre as forzas combinadas das tribos lakota, cheyenne e arapaho e o 7º Rexemento de Cabalería do Exército dos Estados Unidos. A batalla, que ocorreu o 25 e 26 de xuño de 1876 preto do río Little Bighorn no leste de Montana, foi o acontecemento máis importante da Guerra de Black Hills. O resultado foi unha vitoria dos nativos americanos, que estaban liderados por varios grandes líderes, como Cabalo Tolo e Gall, inspirados polas visións de Touro Sentado (Tȟatȟáŋka Íyotake). O 7º Rexemento de Cabalería, composto por unha forza de 700 homes liderados por George Armstrong Custer, sufriu unha seria derrota. Cinco das compañías foron aniquiladas; Custer morreu, así como dous dos seus irmáns, un sobriño, e un cuñado. As baixas estadounidenses totais no enfrontamento, incluíndo exploradores, foron de 268 mortos e 55 feridos.
A resposta pública da Guerra de Black Hills mudou co tempo. A batalla e as accións de Custer en particular, foron amplamente estudadas polos historiadores.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kershaw, Robert (2005). Red Sabbath: The Battle of Little Bighorn. Ian Allan Publishing. pp. vi–5. ISBN 978-0-7110-3325-2.