Saltar ao contido

Barbuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBarbuda
(en) Barbuda Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe
Tipoilla
dependency of Antigua and Barbuda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Barlovento
Antillas Menores
Illas de Sotavento Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAntillas Menores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAntiga e Barbuda Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCaribe Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°38′N 61°49′O / 17.64, -61.81
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude122 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións14,1 (ancho) × 24 (lonxitude) km
Punto máis altoBarbuda Highlands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie161 km²
61,99 mi² Editar o valor en Wikidata

Sitio webantigua-barbuda.org… Editar o valor en Wikidata

Barbuda é unha illa do mar Caribe que forma parte de Antiga e Barbuda, localízase ao norte de Antiga. Ten 161 km² e 1.638 habitantes (censo 2011), deles máis da metade (1.252 habitantes) viven na vila de Codrington.[1] Non obstante, en setembro de 2017, o furacán Irma danou ou destruíu o 95% dos edificios e infraestruturas da illa e, como resultado, todos os habitantes da illa foron evacuados a Antiga, deixando Barbuda baleira por primeira vez na historia moderna.

Os siboneis foron os primeiros habitantes da illa cara ao 2400 a. C., pero os aruaques e os caribes poboaron a illa antes do desembarco de Cristovo Colón na súa segunda viaxe (1493). Os primeiros asentamentos europeos, españois e franceses, fracasaron. En 1667 os británicos formaron unha colonia con éxito.

En 1685 Barbuda arrendouse aos irmáns Christopher e John Codrington, que fundaron a cidade de Codrington. A familia Codrington producían alimentos nas súas terras en Barbuda, e transportaban escravos como man de obra para as súas plantacións de cana en Antiga. Houbo máis dunha rebelión de escravos en Codrington durante a década de 1740, durante as cales os escravos levantáronse contra os administradores. Todos os escravos foron liberados en 1834.

Os Codringtons utilizaron Barbuda durante un tempo como unha "gardería" para escravos.[2]

En 1719, Codrington e a illa de Barbuda tiveron o seu primeiro censo (tanto de persoas como de animais), levado a cabo por Sir William Codrington (1715-1790) É pouco probable que William Codrington realizara un censo cando tiña 4 anos de idade .

O primeiro mapa de Barbuda fíxose na segunda metade do século XVIII. Nese momento había notables edificios na área da montaña, un castelo en Codrington, un forte no río, agora coñecida como a Torre Martello, e casas en Palmetto Point, Coco Point, e Castle Hill. O mapa mostra oito barracóns para reter aos escravos fuxitivos capturados, o que indica que este era un grave problema. Había varias unidades de baterías defensiva con canóns en todo o perímetro da illa. Había unha gran plantación na zona de Meadow e Guava e outra gran plantación na zona das terras altas.

O 1 de novembro de 1981, a illa obtivo a súa independencia como unha parte integral de Antiga e Barbuda, membro da Commonwealth. Nas eleccións de 1989, o Movemento pola Independencia de Barbuda recibiu demasiado poucos votos para ter dereito a un asento no parlamento nacional.

En setembro de 2017, o furacán Irma danou ou destruíu o 95% dos edificios e infraestruturas da illa e, como resultado, todos os habitantes da illa foron evacuados a Antiga, deixando Barbuda baleira por primeira vez na historia moderna. Un informe de abril de 2018 indicaba que moitas das poucas persoas que viven na illa estaban a facelo en tendas de campaña, aínda se reparaban algúns edificios gobernamentais.[3] Naquel momento, a auga e a electricidade estaban dispoñibles nos edificios do goberno, a comisaría, o hospital e a oficina de correos en Codrington. O primeiro ministro Gaston Browne dixo que había plans para construír unha nova pista para jets no aeroporto, pero non se deon datos específicos.[4] O 21 de marzo de 2018 había uns 500 residentes que volveran ás súas antigas casas en Barbuda.

Localización

[editar | editar a fonte]

Barbuda atópase ao norte de Antiga, no centro das Illas de Sotavento. Ao sur atópanse as illas de Montserrat e Guadalupe, e ao oeste e o noroeste están Nevis, St. Kitts, St. Barts, e San Martiño.

Puntos de interese

[editar | editar a fonte]

Barbuda é o fogar santuario dos paxaros fragata, que se atopa na lagoa de Codrington. Outros puntos de interese son Highland House (a casa da familia Codrington do século XVIII) e a Cova do Indio, que contén antigos petróglifos amerindios.

O clima e a xeografía de Barbuda é propicio para o turismo. Moitos turistas séntense atraídos polas praias da illa. As actividades inclúen un santuario de aves, natación, mergullo, pesca, e espeleoloxía. Só dous resorts operan na illa, o resto foron abandonados pola mala xestión, a difícil infraestrutura e os danos do furacán.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A superficie total é de 160´56 km². A capital e cidade máis grande é Codrington, cunha poboación estimada de 1.250 habitantes. A illa é na súa maioría coral e pedra calcaria con poucas variacións topográficas. A área de "terras altas" no lado oriental da illa ten outeiros que se levantan a 38 m., pero a maior parte da illa é moi plana, con moitas lagoas na esquina noroeste.

O clima clasifícase como tropical mariño que significa que hai pouca variación estacional da temperatura. En xaneiro e febreiro, os meses máis fríos, a media diaria da Temperatura máis alta é 27 °C. Mentres que en xullo e agosto, os meses máis cálidos, a media diaria é de 30 °C.

Localización de Barbuda.
  1. "2011 population and housing census for Antigua and Barbuda | The Caribbean Development Portal". caribbean.cepal.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2017. Consultado o 2018-01-12. 
  2. Barbudaful.net Retrieved 2009-01-23
  3. "'World tends to forget the urgency of a disaster once the TV cameras leave' (6 photos)". 
  4. "Updated: Mapping what's open and closed in the Caribbean: Travel Weekly". travelweekly.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 09 de setembro de 2019. 
  5. The Island of Barbuda Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine. Retrieved 2011-09-23

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]