Baloncesto Fuenlabrada
Baloncesto Fuenlabrada | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Primeira FEB |
Fundación | 1983 |
Historia | C.B. Fuenlabrada (1983–1989) A.D. Fuenlabrada (1989–1991) |
Cores | Azul, branco, laranxa |
Presidente | José Quintana |
Adestrador | Javi Juárez |
Localización | |
Cidade | Fuenlabrada, España |
Pavillón | Fernándo Martín |
Capacidade | 5 700 |
Inauguración | 1991 |
Campionatos | |
Liga LEB | 1 (2005) |
Copa Príncipe | 3 (1998, 2005) |
baloncestofuenlabrada.com |
O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D. é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Primeira FEB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5 700 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1983 por Miguel Angel Hernández, Julián Aranda e Manuel Antolínez, simultaneamente co Patronato Municipal de Deportes de Fuenlabrada. Tras dous anos na liga local, no ano 1985, logra o ascenso á competición federada. Na temporada 1986 conséguese o patrocinio da Cafetaría Maná, a cal supón unha inxección económica moi importante para o club. Aínda que a cafetaría desapareceu séguese usando o nome nos equipos da canteira como homenaxe a este patrocinador. Naqueles anos xogábase nas pistas do colexio público San Esteban.
Na temporada 1986−1987, o club inscríbese na Segunda División Autonómica, e está a piques de conseguir o ascenso, mais nos playoffs pásalle factura a súa inexperiencia e acaban fracasando no seu primeiro intento. Con todo, na seguinte temporada conseguirían ascender á Primeira División Autonómica. Nesta categoría permanecerá dúas temporadas, de 1988 a 1990, sen conseguir o ascenso á Segunda División Nacional. No ano 1989 o club cambia o seu nome por "A.D. Fuenlabrada". Ademais o equipo trasládase ao ximnasio do Colexio Público Miguel Hernández.
Durante os anos 90 prodúcense dous grandes acontecementos, na temporada 1991−1992 fusiónase co "Club Baloncesto Fuenlabrada Femenino", equipo de baloncesto feminino, pasándose a chamar "Club Baloncesto Fuenlabrada". Baixo a dirección técnica de Armando Polo, Juan Antonio Jiménez Jiménez como presidente e Ricardo Luís Izquierdo como xerente, dáse un salto máis adiante e xógase en Segunda División Nacional, conseguindo ademais que o club teña equipos de formación, e ao termo desta temporada era dun número de catro. O segundo acontecemento foi durante a temporada 1992−1993, co mandato do presidente Juan Antonio Jiménez Jiménez, e coa incorporación como vicepresidente de Fernando Polaina, profesionalízase o club ao mesmo tempo que se fusiona co "Club Baloncesto Torrejon de Ardoz".
Paso fugaz pola ACB
[editar | editar a fonte]Na temporada 1993−1994 o club fíxase o obxectivo de ascender a liga ACB, sen conseguilo nesa temporada. Pola reestruturación que sofre a FEB, o equipo xoga na Liga EBA. Dous ilustres xogadores formaban parte do elenco de xogadores: Roberto Dueñas e Óscar Quintana. Ese mesmo ano o Maná-Fuenlabrada ascende a Segunda División Nacional, con Óscar Quintana no banco. Na temporada 1995−1996, Martín Fariñas ocúpase do banco, e realiza unha excelente fase regular de liga, acabando esta fase en primeira posición. Pero na fase final, as lesións e a inexperiencia acaban por frustrar o obxectivo do ascenso. Aínda así, e debido á mala situación económica do Club Peñas Recreativas de Huesca decide dispor a venda da súa praza na ACB, e coa mediación da liga ACB, véndese ao concello de Fuenlabrada a franquía e a súa praza na Liga ACB. Por estes dereitos e a franquía o Concello abona unha cifra próxima aos 400 millóns de pesetas. O Fuenlabrada é equipo ACB na temporada 1996−1997 por primeira vez.
O equipo fai un grande investimento en xogadores, tanto nacionais como Joe Alonso ou o mozo Salva Guardia, como estranxeiros como Ken Bannister. Aínda así, o equipo cesa a Martín Fariñas polos malos resultados e toma o seu lugar no banco o descoñecido até entón Óscar Quintana, que só quedará no banco temporalmente até que Andreu Casadevall trata de sacar ao equipo dos postos de descenso á LEB. Durante a temporada 1997−1998 o Fuenlabrada descende.
Volta á ACB
[editar | editar a fonte]É na temporada 1997−1998, xogando no LEB onde o Fuenlabrada, onde se constrúe un tamdem que durará case seis anos e que formará a espiña dorsal do persoal do Fuenlabrada. No banco sentará ese ano Óscar Quintana que viña de adestrar ás categorías inferiores do club, e tomando a substitución de Andreu Casadevall. Á vez incorporarase o ala, ex xogador do Breogán e do Tau Cerámica, Velimir Perasović. Outros xogadores o acompañan, como por exemplo Ferrán López e de novo Salva Guardía. Nos playoffs de ascenso, gana primeiro ao Lucentum Alicante e logo na final ao Breogán de Lugo. Ambos os partidos a gana por senllos 3-1 a favor dos madrileños. O Fuenlabrada ascende a liga ACB esta vez por méritos propios.
No seu primeiro ano na ACB, o equipo clasifícase para os playoffs grazas á achega de xogadores como Nate Huffman, Carlos Cazorla, Ferrán López, Salva Guardía e sobre todo Velimir Perasović, que é o máximo anotador da ACB nesa temporada. Nas tres temporadas seguintes, Perasović proclámase de novo máximo anotador da liga e o Jabones Pardo Fuenlabrada clasifícase de novo para os playoffs nas temporadas 2000−2001 e 2001−2002. Nesas tres temporadas destacan David Wood, Chuck Kornegay, Fran Murcia, Pablo Prigioni e José Calderón.
Na temporada 2002−2003 prodúcese a de Velimir Perasović e de José Calderón, mais prodúcese a chegada de ilustres da ACB como Francesc Solana e Richard Scott. Mais a fichaxe que cambiará a temporada é o dun xogador arxentino, descoñecido entón, chamado Walter Herrmann. Pronto se converte na revelación da temporada sendo o MVP, o MVP do All Star e o Máximo Anotador da ACB, sendo traspasado ao final da temporada ao Unicaja de Málaga.
Tras a marcha de Walter Herrmann e Calderón, o equipo vese obrigado a unha gran renovación. O equipo ficha a Javi Rodríguez procedente do Breogán de Lugo, Hurl Beechum aleiro do desaparecido Cáceres C.B. e contrata de novo a Salva Guardia, procedente do Baloncesto Granada. Francesc Solana segue como capitán e no banco mantense Óscar Quintana. Tras unha das temporadas máis axustadas que se lembran, o equipo descende tras unha gran remontada do Etosa Alacant nas últimas xornadas de liga regular. Tres xornadas antes, Óscar Quintana abandona o banco, deixando tras de se unha gran polémica sobre a súa marcha.
Un ano na LEB e volta á ACB
[editar | editar a fonte]Na temporada 2004−2005, o Fuenlabrada atópase na tesitura de volver montar un bloque. Durante este ano, o Fuenlabrada acaba líder da liga regular. Meses despois, tras asegúrase o ascenso nunha agónica eliminatoria contra o Huelva. Na temporada 2005−2006 a directiva do club aposta por un bloque xa consolidado na liga LEB, con algunha cara nova, finalizando a temporada en décimo lugar. A nova temporada 07 empeza cunha renovación bastante importante do persoal, aínda que mantén os alicerces básicos da anterior. A directiva do club madrileño fixo catro incorporacións de cara a esta campaña, foron Gerald Brown base procedente do Breogán ao que chegara en metade de temporada procedente do Partizan de Belgrado, a Andrés Miso, ao veterano José Antonio Paraíso e o ala-pivote lituano Virginijus Praskevicius. O equipo terminou a temporada na décimo segunda con 14 vitorias e 20 derrotas.
A temporada 2007−2008 iniciouse con cambios no cadro de xogadores, logrando por pouco a permanencia na ACB. A temporada 2008−2009 supuxo unha gran renovación, presentándose presentaron moitas novidades, conseguindo outro ano máis a permanencia. Desde a temporada 2011−2012, o club sofre por salvar a categoría, case sempre con éxito. As excepecións son a temporada 2014−15, onde o Fuenlabrada, após ficar no último lugar da liga, acada a salvación nos despachos, e a temporada 2019−20, onde tras ocupar o posto 17, decídese que non habería descensos debido á pandemia de COVID-19.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Carplus Fuenlabrada 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
[editar | editar a fonte]- José Ángel Antelo
- José Miguel Antúnez
- David Brabender
- Antonio Bueno
- Carlos Cabezas
- José Manuel Calderón
- Quino Colom
- Roberto Dueñas
- Pedro Fernández
- Rodrigo de la Fuente
- Salva Guardia
- Oriol Junyent
- José Luis Llorente
- Ferrán López
- Andres Miso
- Román Montañez
- Fran Murcia
- José Antonio Paraíso
- Xavi Rabaseda
- Javi Rodríguez
- Sergio Sánchez
- Francesc Solana
- Sergi Vidal
- Walter Herrmann
- Pablo Prigioni
- Nicolás Richotti
- Lucas Nogueira
- Marko Popović
- Velimir Perasović
- Marko Tomas
- Tim Burroughs
- Devin Davis
- Jackie Espinosa
- Chuck Kornegay
- Brad Oleson
- Andy Panko
- Richard Scott
- Gustavo Ayón
- Luboš Bartoň
- Bismack Biyombo
- Christian Eyenga
- James Feldeine
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polo Fuenlabrada | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
2 | Marko Popović | Base | 2015–2019 | |
6 | Velimir Perasović | Escolta | 1997–2002 | |
8 | Salva Guardia | Ala-pivote | 1996–2001, 2003–2008, 2010–2011 | |
10 | Ferrán López | Base | 1997–2001, 2004–2009 | |
13 | Francesc Solana | Ala | 2002–2007 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]Mellor xogador da ACB
- Wálter Herrmann – 2003
Xogador revelación da ACB
- Brad Oleson – 2009
- Gustavo Ayón – 2011
Segundo mellor quinteto da ACB
- Marko Popović – 2016
Campión do Concurso de Triplas da ACB
- Sergiy Gladyr – 2012
Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do Fuenlabrada desde 1993.
- Óscar Quintana (1993–1995)
- Martín Fariñas (1995–1996)
- Óscar Quintana (1996–1997)
- Andreu Casadevall (1997)
- Óscar Quintana (1997–2004)
- Luis Casimiro (2004–2008)
- Luis Guil (2008–2009)
- Chus Mateo (2009)
- Salva Maldonado (2009–2011)
- Porfirio Fisac (2011–2012)
- Trifón Poch (2012–2013)
- Chus Mateo (2013−2014)
- Luis Casimiro (2014–2015)
- Hugo López (2015)
- Jesús Sala (2015)
- Žan Tabak (2015)
- Jota Cuspinera (2015–2017)
- Néstor García (2017–2018)
- Agustí Julbe (2018)
- Che García (2018–2019)
- Jota Cuspinera (2019–2020)
- Paco García (2020)
- Javier Juárez (2020–2021)
- Josep Maria Raventós (2021–presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2004–05
- Subcampións (1): 1997–98
- Campións (2): 1998, 2005
Torneo Comunidad de Madrid
- Campións (1): 1998
- Subcampións (7): 2000, 2002, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986–87 | 5 | 2ª Autonómica | ||||||||
1987–88 | 4 | 1ª Autonómica | ||||||||
1988–89 | 4 | 1ª Autonómica | ||||||||
1989–90 | 4 | 1ª Autonómica | ||||||||
1990–91 | 3 | 2ª División | ||||||||
1991–92 | 3 | 2ª División | 11th | 6–16 | ||||||
1992–93 | 2 | 1ª División | 17º | 16–18 | ||||||
1993–94 | 2 | 1ª División | 12º | 22–10 | ||||||
1994–95 | 2 | EBA | 2º | 26–10 | ||||||
1995–96 | 2 | EBA | 3º | |||||||
1996–97 | 1 | ACB | 18º | 4–33 | ||||||
1997–98 | 2 | LEB | 2º | 23–11 | Copa Príncipe | 1º | ||||
1998–99 | 1 | ACB | 7º | 18–19 | Cuartos de final | |||||
1999–00 | 1 | ACB | 15º | 11–23 | 3 Copa Korać | FG | 3–3 | |||
2000–01 | 1 | ACB | 7º | 20–17 | Cuartos de final | |||||
2001–02 | 1 | ACB | 7º | 19–18 | 3 Copa Korać | CF | 5–5 | |||
2002–03 | 1 | ACB | 14º | 14–20 | 2 Copa ULEB | TR | 3–7 | |||
2003–04 | 1 | ACB | 17º | 13–21 | ||||||
2004–05 | 2 | LEB | 1º | 34–9 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2005–06 | 1 | ACB | 10º | 15–19 | ||||||
2006–07 | 1 | ACB | 12º | 14–20 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 13º | 13–21 | ||||||
2008–09 | 1 | ACB | 9º | 15–17 | ||||||
2009–10 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2010–11 | 1 | ACB | 7º | 20–16 | ||||||
2011–12 | 1 | ACB | 16º | 12–22 | Cuartos de final | 3 EuroChallenge | CF | 11–4 | ||
2012–13 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2013–14 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2014–15 | 1 | ACB | 18º | 8–26 | ||||||
2015–16 | 1 | ACB | 8º | 17–19 | Cuartos de final | |||||
2016–17 | 1 | ACB | 12º | 12–20 | 2 EuroCup | T16 | 6–8 | |||
2017–18 | 1 | ACB | 9º | 17–17 | Cuartos de final | |||||
2018–19 | 1 | ACB | 13º | 13–21 | 3 Champions League | TR | 3–11 | |||
2019–20 | 1 | ACB | 17º | 5–17 | Supercopa | SF | ||||
2020–21 | 1 | ACB | 15º | 12–24 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baloncesto Fuenlabrada. Información". acb.com (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2021.