Saltar ao contido

Bāy Bāy Ṭabariyya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bāy Bāy Ṭabariyya
Ficha técnica
Título orixinalباي باي طبريا
DirectorLina Soualem
ProdutorJean-Marie Nizan
Guión
  • Lina Soualem
  • Nadine Naous
  • Gladys Joujou (colaboración)
IntérpretesHiam Abbass
MúsicaAmine Bouhafa
Fotografía
  • Lina Soualem
  • Frida Marzouk
  • Thomas Brémond
MontaxeGladys Joujou
Estudio
DistribuidoraJHR Films
EstreaFestival de Venecia: 3 de setembro de 2023
Francia: 21 de febreiro de 2024
Duración82 minutos[1]
Orixe Palestina
Francia
Bélxica Bélxica
Qatar
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt22857256 Allocine: 287445 Editar o valor en Wikidata

Bāy Bāy Ṭabariyya (árabe: باي باي طبريا) é un filme documental palestino de 2023 dirixido por Lina Soualem, e escrito por Soualem e Nadine Naous, en colaboración con Gladys Joujou.[2][3] É unha coprodución entre Palestina, Francia, Bélxica e Qatar. O filme segue a Hiam Abbass, que abandona a súa aldea palestina de Deir Hanna na Baixa Galilea, Israel, para perseguir o seu soño de converterse en actriz, deixando atrás á súa nai, avoa e irmás. Abbass volve á súa aldea, coa súa filla, Soulaem, para explorar as opcións da súa nai e a influencia familiar.

Tivo a súa estrea mundial no 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia na sección Giornate degli Autori o 3 de setembro de 2023, e nos cinemas de Francia o 21 de febreiro de 2024. Foi escollido como candidato de Palestina para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.

  1. "Bye Bye Tiberias". Giornate degli Autori. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  2. Wissot, Lauren (11 de setembro de 2023). ""Forgetfulness is Fought with Words": Lina Soualem on Her TIFF-Premiering Doc, Bye Bye Tiberias | Filmmaker Magazine". 
  3. Saito, Stephen (15 de setembro de 2023). "Interview: Hiam Abbass & Lina Soualem on "Bye Bye Tiberias"". The Moveable Fest. 
  4. "Oscars best international feature 2024: all the films submitted so far". Screen Daily (en english). 2023-09-25. Arquivado dende o orixinal o 2023-10-16. Consultado o 2023-09-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]