Saltar ao contido

Azucreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un azucreiro de vidro deseñado para servir sen culleriña.

O azucreiro[1] é un recipiente para conter o azucre, fabricado en moi diversos materiais, dende o tradicional de cerámica até os máis funcionais de vidro, plástico etcétera. Pode dispor dunha entalladura semicircular no bordo da súa boca para a culleriña de servir.[2]

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

O azucreiro tradicional de cerámica é unha vasilla de diversa tipoloxía, aínda que predomina o diámetro sobre a altura, con ou sen asas, cunha abertura na parte superior que permite introducir a culler. Cando está deseñado como parte dun servizo de mesa, presenta as mesmas formas, cores e decoracións que as demais pezas (cuncas, teteira etc.). Se o azucré está disposto en terróns, a culleriña pódese substituír por unhas pinzas.

Os azucreiros modernos están xeralmente deseñados para servir o azucre directamente na cunca, o que permite prescindir da culler. Son habituais en hostalaría, malia a súa substitución progresiva por sobres de azucre.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Azucreiro.
  2. Caro Bellido, Antonio (2008). Diccionario de términos cerámicos y de alfarería, p. 42. ISBN 84-96191-07-9.