Saltar ao contido

Aureolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAureolo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento220 Editar o valor en Wikidata
Dacia Editar o valor en Wikidata
Morte268 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador do Imperio Galo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarsoldado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Marco/Manio Acilio Aureolo (en latín, Marcus/Manius Acilius Aureolus) coñecido como Aureolus ou Aureolo, nado no 220 e finado no 268, foi un comandante militar e usurpador romano que se rebelou contra o emperador Galieno e apoiou ao emperador galo Póstumo.

Aureolo é coñecido como un dos Trinta Tiranos e aparece referenciado en fontes antigas, incluíndo a Historia Augusta,[1] o Epítome de Zonaras[2] e a Historia Nova de Zósimo.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

De orixe humilde, naceu polo 220 en Dacia[4] e aparece na documentación co nome de M. Acilius Aureolus, da gens Acilia, razón pola que o seu praenomen foi motivo de discusión sobre se debía ser Marco ou Manio que eran praenomina característicos desa gens.[5] Porén, hai algúns historiadores como John Platts , William A'Beckett e Angelo Paredi quen defendían que o "M" representaba un segundo nomina Manlius.[6]

Era pastor[7] e, axiña, decidiu cambiar a súa vida e alistouse no exército, onde ostentou o cargo de Mestre dos cabalos Imperiais ('Phronistes').[8]

Ascensos e primeiras batallas

[editar | editar a fonte]

Baixo Valeriano (reinado 253-260), distinguiuse na batalla de Mursa no 260 contra os usurpadores Ingenuus e Regaliano (reinou no 260) aos que derrotou.[9][10]

Logo serviu ao mando de Galieno (reinado 261–267) en Iliria como comandante de cabalaría. No 261 participou na supresión dos usurpadores Macriano (reinado 260–261) e Macriano Menor (reinado 260–261) en Iliria,[11] aínda que non participara el directamente senón que enviara a un subordinado seu, Domiciano.[12] En 262, participou no ataque de Galieno contra o emperador galo Póstumo (reinado 260-269) e, no 265 Galiano lanzou un novo ataque contra Póstumo (reinado 260–269), e Aureolo foi enviado para rematar coa revolta na Galia pero debido ao descoido de Aureolo, o usurpador conseguiu fuxir.[13] John Bray propuxo que, nese momento, xa debía estar aliado con Póstumo e, por iso, permitiu a súa fuxida.[14] Zósimo narrou que Aureolo e outros dous oficiais conspiraron contra Galieno, pero que foron castigados e sometidos, agás Aureolo, quen gardou para si a súa cólera contra o emperador.[15]

Rebelión contra Galieno e morte

[editar | editar a fonte]

A finais de 267 ou principios de 268, segundo Xoán Zonaras, escribiu no século XII, que Aureolo era comandante de toda a cabalaría, o que semella improbable dada a súa inacción en batallas relevantes nas que o papel da cabalaría fora decisivo. Porén, Zósimo afirmou que en realidade estaba ao mando de toda a cabalaría estacionada arredor de Mediolanum, mentres que Sexto Aurelio Víctor, nun relato máis probable, afirmou que estaba ao mando da lexión de Recia.[16] Bray apoia a hipótese afirmando que, de confirmarse, explicaría por que os alamanos volveran invadir o Imperio Romano desde Recia a principios do reinado de Claudio II (reinado 268–270), mesmo despois de ser derrotados por Galiano oito ou nove anos antes.[17] David L. Vagi, pola súa banda, pensa que foi enviado a Recia para recrutar máis tropas para, só nese instante, marchar a Mediolanum.[18]

No mesmo 268, e ao mando da lexión de Recia, marchou cara Mediolanum deixando a zona desprotexida e vulnerable a futuros ataques alamanos, e fíxose tamén co mando da cabalaría estacionada nos arredores da cidade, momento no que se rebelou contra Galieno.

Antoniniano de Aureolo, acuñado en Mediolanum en nome de Póstumo.

Durante moito tempo pensouse que reclamara o imperio para si, pero hoxe crese que actuaba como representante de Póstumo, xa que a ceca de Mediolanum emitía moedas en nome de Póstumo. Enviou cartas a Póstumo preguntando ao emperador galo sobre a idea de invadir Italia, pero Póstumo rexeitouna e abandonouno. Se, finalmente, reclamou a púrpura para si mesmo, fíxoo cara ao final da súa ocupación do norte de Italia, nun intento de reorganizar as súas forzas esnaquizadas, polo que se emitiron moedas ao seu nome.[19] Michel Polfer suxeriu que se declararía emperador, pero que pronto se aliaría con Póstumo.[20]

Sextos Aurelio Vítor alegou que Aureolo usurpou o poder porque non lle gustaba a inactividade de Galiano. Pero, tras producirse a rebelión, Galiano, que estaba en campaña contra os godos que atacaran os Balcáns, entregou o mando da campaña a Marciano e inmediatamente partiu cara a Italia co groso do seu exército de campaña e aopou ao exército rebelde en Pontirolo Nuovo (do latín Pons Aureoli; é dicir, "a ponte de Aureolo") sobre o Ada, a poucas millas de Mediolanum. O exército rebelde foi decisivamente derrotado e perseguindo de volta á cidade, onde foi asediado.[21]

Antoniniano emitido na ceca de Roma por Claudio II o Gótico en setembro-novembro do 268. No anverso, aparece a inscrición IMP C CLAVDIVS AVG, cun busto irradiado; no reverso, Claudio cabalgando, sostendo o cetro e erguendo a man e a inscrición ADVENTVS AVG.

No entanto, durante o asedio, Aureolo intentou renderse pero fracasou polo que decidiu continuar coa loital. Curiosamente, Galiano foi asasinado polos seus propios soldados e, daquela, Aureolo, aproveitou para reclamar a púrpura. Pero, aos poucos foi tamén asasinado pola Garda Pretoriana, que aínda lembraba a súa traizón anterior[22][23] e que proclamaron emperador a Claudio II o Gótico (reinado 268-270).[24][25][26]

John Bray, analizando a figura de Aureolo, opina que foi fundamental para o destino de Galiano, un xeneral brillante e de confianza durante moito tempo.[27]

Numismática

[editar | editar a fonte]

Os áureos co nome de Auréolo considéranse hoxe falsificacións, mentres que se emitiron áureos e dobres denarios en Mediolanum a nome de Póstumo. As súas moedas distínguense das emitidas por Póstumo en Lugdunum e Colonia Agripina polo seu gravado final "compacto" e as súas pranchas (placas para facer moedas) grosas e curtas. Tamén se distinguen polo uso común dun P, S ou T para indicar os obradoiros en uso en Mediolanum (Prima, Secunda e Tercia).

Outra característica das moedas é a inscrición no reverso, xa que a maioría delas rematan en Aequit, Equit ou Equitum, termos que aluden aos équites (cabaleiros), o corpo de cabaleiros ao mando de Aureolo.[28]

  1. Magie 1932, pp. 91-94
  2. Dindorf (1870)
  3. Mendelssohn (1887)
  4. Jones, Martindale e Morris 1971, p. 138
  5. Vagi 2000, p. 389
  6. Platts (1825), p. 184
  7. Zonaras XII, 24
  8. Dindorf, L., ed. (1870). Ioanis Zonarae, Epitome historiarum Vol. III . Leipzig: Teubner.
  9. Potter 2004, p. 256
  10. "Valerian (A.D. 253-260) and Gallienus (A.D. 253-268)". .roman-emperors.org (en inglés). 19 de xullo de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2023. 
  11. Potter 2004, p. 259
  12. Bunson 1995, p. 48
  13. Polfer 2000
  14. Bray 1997, pp. 136-137
  15. Zósimo, 1, 41.
  16. Aurelio Víctor, 33.17.
  17. Bray 1997, p. 290
  18. Vagi 2000, p. 353
  19. Bray 1997, pp. 290-291
  20. Potter 2004, p. 263
  21. Bray 1997, p. 292
  22. Zonaras, 26, 1-2
  23. Zósimo, 1, 41
  24. Nicholson 2018, p. 182.
  25. Potter 2004, p. 264
  26. Jones, Martindale e Morris (1971), p. 138, afirman que tras ser derrotado, foi asasinado polos soldados de Claudio II.
  27. Bray 1997, pp. 65-66
  28. Vagi 2000, p. 391

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]