Atoumane Diagne
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1998 (25 anos) Dakar, Senegal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Atoumane Diagne, nado o 31 de decembro de 1998 en Dakar, é un xogador de baloncesto profesional senegalés que xoga no Leyma Coruña da Liga ACB.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Dakar, alí pasaba o tempo libre xogando ao baloncesto na rúa cos seus amigos. O seu físico chamou a atención dun axente que lle ofreceu a opción de ir a España para formarse como xogador e persoa, trasladándose a Tenerife para comezar no CB Unelco. En apenas uns meses foi capturado polo FC Barcelona, incorporándose ao equipo cadete na 2013/14 co que gañou o campionato de España nesa categoría. Na tempada 2014/15 debutou na LEB Plata co filial do FC Barcelona, e na seguinte tempada na LEB Oro con tan só 17 anos, gañando tamén o campionato de España júnior. Continúa en LEB Ouro co FC Barcelona B e na tempada 2016/17 rexistrou 4,1 puntos e 4 rebotes, medias que melloran na 2017/18 acadando 7,9 puntos e 7,6 rebotes (sexto mellor rebotador da competición), debutando na Liga ACB co FC Barcelona e disputa catro partidos da máxima categoría.[1] Na 2018/19 acreditou 6,9 puntos, 6,4 rebotes e 1,7 tapóns (segundo mellor da liga).
En xullo de 2019, foi cedido ao CSP Limoges da liga LNB (primeira división francesa) para xogar a tempada 2019/20.[2] Co club francés participou en 26 partidos (7 deles na Eurocup) conseguindo medias de 3,1 puntos e 3,2 rebotes en 10 minutos por partido.
Tras desvincularse do FC Barcelona, o central senegalés pasaría a tempada 2020-21 en branco, debido a unha lesión antes do inicio da tempada e posteriormente ás restricións do covid 19 que dificultaron que marche do seu país coa tempada xa comezada.
O 12 de agosto de 2021, asinou co Básquet Coruña, equipo galego da LEB Ouro, para disputar a tempada 2021-22.[3] O 17 de xullo de 2023, Diagne e o Básquet Coruña renovaron o seu compromiso por unha tempada máis, a terceira do xogador na Coruña.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Barça presenta en sociedad a su nuevo gigante de ébano". Marca (en castelán). 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "El Barça cede al pívot Atou Diagne al Limoges francés". Europa Press (en castelán). 9 de xullo de 2019.
- ↑ "Atoumane Diagne, nuevo pivot del Leyma Coruña". Básquet Coruña (en castelán). 19 de agosto de 2021.
- ↑ "Atou Diagne ¡RENOVADO!". Básquet Coruña (en castelán). 17 de xullo de 2023.