Saltar ao contido

Aristoloquiáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aristolochiaceae»)
Aristolochia clematitis

As aristoloquiáceas (Aristolochiaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas composta por aproximadamente 625 especies e 6 xéneros.

Características

[editar | editar a fonte]

Poden ser plantas herbáceas ou leñosas de follas sinxelas e alternas. Flores hermafroditas, xeralmente trímeras. Perianto dunha soa envoltura e en forma de tubo. Estames de 6 a 12. Pistilo ínfero con 6 lóculos. Froito en forma de cápsula.

Presente en zonas temperadas e tropicais; Europa, América, Asia e África.

Especies en Galiza

[editar | editar a fonte]

En Galiza está presente Aristolochia paucinervis como único representante desta familia, chamada vulgarmente cabeza de cobra ou herba bicha[1].

  1. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004