Aridade
Aparencia
En lóxica, matemáticas e informática, a aridade dunha función ou operación é o número de argumentos ou operandos que toma a función. A aridade dunha relación é o número de dominios no produto cartesiano correspondente.
O termo aridade úsase fundamentalmente en relación ás operacións. Se f é a función f : Sn → S, onde S é un conxunto, entón f é unha operación e n é a súa aridade.
As aridades maiores de 2 son infrecuentes nas matemáticas, excepto en áreas especializadas, e as aridades maiores de 3 atópanse poucas veces en informática teórica (aínda que na programación informática si é frecuente definir funcións con máis de tres argumentos).
En lingüística, a aridade denomínase valencia.