Apolonio de Atenas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I a. C. Atenas, Grecia |
Morte | século I a. C. |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Apolonio, fillo de Néstor, foi un escultor grego de Atenas, que viviu no século I a.C.
Obras
[editar | editar a fonte]Atribúenselle dúas obras: o Torso do Belvedere (Museos Vaticanos) e o Puxilista de bronce (Roma, Museo Nacional), atribuída ao autor por razóns estilísticas. É o creador do famoso Torso do Belvedere , hoxe no Museo Pío-Clementino, un dos Museos do Vaticano. A estatua foi descuberta no que foron os xardíns do Teatro de Pompeio, no Campo de' Fiori (campo das flores) durante o papado de Xulio II (1503-1513). A designación desta escultura como representación de Hércules foi dada por Winckelmann (probablemente erroneamente), se ben a interpretación como "un heroe" é máis aproximada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apolonio de Atenas |