Saltar ao contido

Análise de sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mostras de sangue.

Unha análise de sangue é un exame de laboratorio realizado nunha mostra que pode ser de sangue completo, plasma ou soro. Usualmente é extraída dunha vea do brazo usando unha xiringa, vía picada de dedo, tamén se pode facer con sangue arterial.[1]

Propósito

[editar | editar a fonte]

Os exames de sangue son empregados para determinar estados fisiolóxicos e bioquímicos tales como unha doenza, contido mineral, eficacia de drogas, e función dos órganos.

A venopunción é útil porque é unha maneira relativamente non invasiva para obter células, e fluído extracelular (plasma) do corpo para a análise. Posto que o sangue flúe a través do corpo actuando como un medio para proporcionar osíxeno e nutrientes, e retirando residuos e levándoos ós sistemas excretorios para a súa eliminación, o estado da circulación sanguínea afecta, ou é afectado, por moitas condicións médicas. Por estas razóns, os exames de sangue son os máis comúns exames médicos realizados.[2]

Aínda que se adoita usar o termo exame de sangue, a maioría das probas rutineiras son feitas en plasma ou o soro (fóra da maioría de hematoloxía).

Extracción

[editar | editar a fonte]

Os flebotomistas, os bioquímicos diagnósticos (BQD), os químicos bacteriólogos parasitólogos (QBP), os químicos farmacéuticos biólogos (QFB), pasantes en técnicos en laboratorio clínico, médicos internos de pregraduado e as enfermeiras, están a cargo da extracción do sangue do paciente. Porén, en circunstancias especiais e situacións de emerxencia, os paramédicos e os médicos ás veces extraen o sangue. Tamén, os terapistas respiratorios son adestrados para extraer o sangue arterial para a gasometría arterial, aínda que isto é un caso raro.[3][4]

Tipos de exame de sangue

[editar | editar a fonte]

As probas de laboratorio ou análises clínicas miden o sodio, o potasio, o cloro, o bicarbonato, o nitróxeno ureico en sangue (BUN), o magnesio, a creatinina, e a glicosa. Ás veces tamén inclúen o calcio e outros compoñentes do sangue.

Algúns exames de sangue, tales como a medición da glicosa, colesterol, ou para a detección de doenzas de transmisión sexual requiren xaxún (ou non consumo de alimentos) de oito a doce horas antes do exame de sangue.

Para a maioría dos exames o sangue é usualmente obtido da vea do paciente. Porén, outros exames de sangue especializados, tales como a gasometría arterial, requiren que o sangue sexa extraído dunha arteria. A gasometría arterial do sangue é primariamente usada para monitorear os niveis do dióxido de carbono relacionados coa función pulmonar. Porén, tamén é requirido ó medir os niveis de pH e de bicarbonato do sangue para certas condicións metabólicas.

Mentres que a proba regular do exame de glicosa é tomada en certo punto no tempo, a proba de tolerancia á glicosa implica a proba repetida para determinar a taxa na cal a glicosa é procesada polo corpo.

Rangos normais

[editar | editar a fonte]
Exame[5] Baixo Alto Unidade Comentarios
Sodio (Na) 136 145 mmol/L
Potasio (K) 3.5 4.5 mmol/L
Urea 2.5 6.4 mmol/L BUN (blood urea nitrogen) - nitróxeno ureico en sangue
Urea 7 18 mg/dL
Creatinina - home 62 115 µmol/L
Creatinina - muller 53 97 µmol/L
Creatinina - home 0.7 1.3 mg/dL
Creatinina - muller 0.6 1.1 mg/dL
Glicosa (en xaxún) 3.9 5.8 mmol/L véxase tamén hemoglobina glucosilada
Glicosa (en xaxún) 70 110 mg/dL
  1. MacLennan CA, van Oosterhout JJ, White SA, Drayson MT, Zijlstra EE, Molyneux ME (xullo de 2007). "Finger-prick blood samples can be used interchangeably with venous samples for CD4 cell counting indicating their potential for use in CD4 rapid tests". AIDS (Londres, Inglaterra) 21 (12): 1643–5. PMC 2408852. PMID 17630562. doi:10.1097/QAD.0b013e32823bcb03. 
  2. "Venipuncture - the extraction of blood using a needle and syringe". 
  3. Aaron SD, Vandemheen KL, Naftel SA, Lewis MJ, Rodger MA. "Topical tetracaine prior to arterial puncture: a randomized, placebo-controlled clinical trial". Respir Med. (11). PMID 14635973. 
  4. http://www.michigan.gov/careers/0,1607,7-170-46398-64537--,00.html
  5. C. A. Burtis and E. R. Ashwood, Tietz Textbook of Clinical Chemistry (1994) 2nd edition, ISBN 0-7216-4472-4