Amador Arias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1957 (67 anos) A Fonsagrada, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, garda forestal |
Familia | |
Fillos | Xiana Arias |
Amador Arias Mon, nado na Fonsagrada[1] o 15 de marzo de 1957, é un garda forestal e actor non profesional galego, protagonista do filme O que arde.[2]
A súa filla é a poeta e xornalista Xiana Arias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a etapa de preprodución do filme de Óliver Laxe O que arde fíxose unha selección de actores en Navia de Suarna. Arias, garda forestal de profesión, achegouse alí interesado pola rodaxe e foi escollido como un dos protagonistas.[3][4] Arias asistiu á estrea mundial na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección oficial Un Certain Regard o 21 de maio de 2019,[5] onde o filme gañou o premio do Xurado.[6]
Galardóns
[editar | editar a fonte]En novembro de 2019, gañou o premio ó mellor actor no Festival Internacional de Cinema de Tesalónica pola súa interpretación en O que arde.[7]
Foi nomeado ó mellor actor na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo por O que arde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""En O Corgo soy una viejuca, con una azada; madre mía de mi alma"". El Progreso. 22 de maio de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ IMDb (ed.). "O que arde en IMDb". Consultado o 19de outubro de 2019.
- ↑ S. Montes, Santiago (11 de outubro de 2019). Culturagalega.gal, ed. "Polo fume se sabe onde arde". Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ Diario Cultural da Radio Galega, ed. (27 de maio de 2019). "Coñecemos a Amador Arias, protagonista de 'O que arde'". Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "The Screenings Guide 2019". 9 de maio de 2019. Consultado o 9 de maio de 2019.
- ↑ Lodge, Guy (24 de maio de 2019). Variety, ed. "Brazil’s ‘Invisible Life of Eurídice Gusmão’ Wins Cannes Un Certain Regard Award". Consultado o 24 de maio de 2019.
- ↑ filmfestival.gr, ed. (10 de novembro de 2019). "60th TIFF: The Awards". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019.