Al Stewart
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alastair Ian Stewart 5 de setembro de 1945 (79 anos) Glasgow, Reino Unido |
Educación | Wycliffe College (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, artista discográfico, poeta, músico |
Período de actividade | 1966 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz e guitarra |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | alstewart.com |
Alastair Ian Stewart, nado en Greenock o 5 de setembro de 1945, é un cantautor e músico folk-rock escocés[1] que se fixo famoso como parte do rexurdimento do folk británico nos anos 60 e 70. Stewart desenvolveu un estilo único combinando cancións folk-rock con contos delicadamente tecidos sobre personaxes e eventos da historia.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Stewart é coñecido sobre todo polo seu éxito de 1976 "Year of the Cat", do álbum co mesmo nome que foi disco de platino. Aínda que Year of the Cat e o seu seguinte traballo, o tamén disco de platino Time Passages de 1978, foron os maiores éxitos comerciais de Stewart en todo o mundo, álbums anteriores como Past, Present and Future de 1973 son normalmente considerados mellores exemplos da súa marca de folk-rock histórico íntimo, un estilo ao que regresou en posteriores traballos.[3]
Stewart é unha figura clave na música británica e aparece en todo o folclore musical da era revivalista. Tocou no primeiro festival de Glastonbury en 1970, coñeceu a Yoko Ono antes de que coñecese a John Lennon, e compartiu piso en Londres cun novo Paul Simon, que estaba colaborando con Bruce Woodley de The Seekers. Stewart foi o anfitrión do club folk Les Cousins de Londres nos anos 60.[4]
Stewart publicou 16 álbums de estudio e tres álbums ao vivo dende o seu traballo de estrea, Bed-Sitter Images, en 1967, e continúa xirando por América do Norte e Europa. O seu lanzamento máis recente, Uncorked, publicouse a través do propio selo de Stewart, Wallaby Trails Recordings, en 2009.[5]
Stewart traballou con Peter White, Alan Parsons, Jimmy Page, Richard Thompson, Rick Wakeman, Francis Monkman, Tori Amos, e Tim Renwick, e máis recentemente tocou con Dave Nachmanoff e co antigo guitarrista de Wings Laurence Juber.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Al Stewart". VH1.com. 2008-04-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2008. Consultado o 2022-11-19.
- ↑ Brocken, Michael (2003). The British folk revival, 1944-2002. Aldershot, Hants, England: Ashgate. ISBN 978-0-7546-3282-5. OCLC 236346145.
- ↑ Brown, Joe (2009-02-18). "Al Stewart: Heady concert to engage history in singer’s lyrics - Las Vegas Sun Newspaper". lasvegassun.com (en inglés). Consultado o 2022-11-19.
- ↑ Burgess, Kaya. "Al Stewart, the return of the cat" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2022-11-19.
- ↑ "Al Stewart With Dave Nachmanoff - Uncorked - Al Stewart Live with Dave Nachmanoff" (en castelán). Consultado o 2022-11-19.