Adam Mickiewicz
Adam Bernard Mickiewicz, nado en Zavosse o 24 de decembro de 1798 e finado en Constantinopla o 26 de novembro de 1855, foi un poeta e nacionalista polaco[1][2] cuxa obra marca o comezo do Romanticismo no seu país. Coñéceselle sobre todo como o autor do poema dramático Dziady e a epopea nacional Pan Tadeusz, a cal é considerada a último gran epopea da nobreza polaco-lituana.
Hai un gran debate sobre a nacionalidade do poeta. Algúns polacos reclaman a Adam Mickiewicz como autor polaco xa que escribiu nese idioma, ademais de estar enterrado en Cracovia. Outros o denominan lituano xa que no comezo da epopea Pan Tadeusz, comeza coa frase "Oh, Lituania". O termo “Lituania” usado por Mickiewicz refírese máis a unha rexión xeográfica que a un país. Mickiewicz fora criado na cultura da unión polaco-lituana, un estado multicultural que ocupara a maioría do que hoxe son os países independentes de Polonia, Lituania, Belarús e Ucraína; mentres que os belarusos reclámano baseándose no lugar físico onde naceu, actualmente en Belarús.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Drabble, Margaret (1985). The Oxford Companion to English Literature (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-866130-4.
- ↑ "Adam Mickiewicz". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-04-23.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Mickiewicz |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |