Abidjan
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Costa do Marfil | ||||
Distritos da Costa (pt) | Abidjan Autonomous District (en) | ||||
Departamentos | Abidjan Department (en) | ||||
Capital de | Abidjan Department (en) Abidjan Autonomous District (en) Costa do Marfil (1960–1983) Lagunes (1997–2011) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.980.000 (2016) (2.350,17 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua nzema (pt) Língua ebrié (pt) Lingua aburé | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.119 km² | ||||
Bañado por | golfo de Guinea | ||||
Altitude | 18 m | ||||
Creación | 1898 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 00225 | ||||
ISO 3166-2 | CI-AB | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Alfortville Pontault-Combault Kumasi Boulogne-Billancourt Marsella (1958–) São Paulo (1981–) San Francisco (1986–) Tianjin (1992–) Viseu (2011–) Liexa (2013–) | ||||
Sitio web | abidjan.district.ci | ||||
Abidjan[1] ou Abidján,[2] capital do departamento do mesmo nome, é a cidade principal de Costa do Marfil, e foi a capital do país entre 1934 e 1983). En 2003 tiña 3 000 000 de habitantes.
Situada na lagoa de Ébrie, a carón do Golfo de Guiné é un importante porto marítimo. A principal industria é a agroalimentaria, tamén destaca a de compoñentes para automóbiles, a téxtil, a química e o xabón e a refinaría de petróleo.
Aínda que a capital é Yamoussoukro, a maioría dos ministerios e embaixadas están aínda en Abidjan, o mesmo que a Biblioteca e o Museo nacional.
A zona oriental da Lagoa Ebrié, a carón do golfo de Guinea, foi o primeiro lugar da colonización francesa en Costa do Marfil que, en 1893, estableceu en Grand-Bassam (na costa, uns 30 km ó sueste de Abidjan) a primeira capital. Por razóns de salubridade trasladouse o aparato administrativo en 1899 a unha nova capital, Bingerville (fundada ao norte da lagoa e a uns 10 km ao leste de Abidjan, parte hoxe en día da súa aglomeración), en territorio dos tchaman (ou djemian) de Adjamé.
Comezos
[editar | editar a fonte]Pronto a península chá ao sur da aldea Adjamé (despois o distrito de Plateau), onde estaba a aldea de pescadores de Abidjan, converteuse no mellor lugar, por espazo e situación, para o incipiente comercio da colonia e de feito en 1904, aínda non rematada Bingerville, era xa o seu principal centro económico. A construción do ferrocarril Abidjan-Nixer (RAN) que chegaría ata o peirao de Petit Bassam (na costa, hoxe Port Bouet, e que competiría co de Grand-Bassam), deu o primeiro pulo a poboación de Abidján (1 400h en 1912, 5 370 en 1920).
Capital da colonia
[editar | editar a fonte]En 1920 xa decidírase facer de Abidjan a capital da colonia o que non ocorreu oficialmente ata 1934 despois de construír as infraestruturas necesarias: barrio administrativo ao suroeste de Plateau e o comercial ao sueste [3]; ponte de unión coa illa de Petit Bassam (Anoumabo, despois distrito de Treichville con novos peiraos); ao norte, separándoa da vila indíxena de Adjamé, os cuarteis militares e a xendarmería [4]. De seguida Abidjan vai case que triplicar a súa poboación (co abandono de moitas aldeas tchaman) pasando de 17 000h en 1934 a 46 000h en 1945.
Canal de Vridi
[editar | editar a fonte]Dende 1908-12 houbera tentativas de abrires a lagoa ao océano nas proximidades de Petit Bassam que non foron completadas. Retomouse o proxecto en 1935 pero non puido levarse adiante ata despois da Segunda guerra mundial en 1951. A apertura do Canal de Vridi supuxo o desenvolvemento definitivo de Abidjan coma porto (na ribeira oeste de Treichville [5]), centro comercial e industrial e finalmente administrativo de Costa do Marfil (independencia en 1960), cun forte crecemento de poboación baseado na inmigración dende o interior rural do país (65 000h en 1950, 125 000 en 1955, 180 000 en 1960, 254 000 en 1963) [6].
Metrópole e inseguridade
[editar | editar a fonte]En 1983 a capitalidade política e administrativa trasladouse a Yamusukro (localidade natal do presidente da época). Dende entón, aínda que continúa a seres o centro de feito da nación en tódolos sensos, tense producido unha deterioración progresiva da calidade de vida de Abidján ao tempo que convertíase nunha metrópole de cinco millóns de habitantes, cunha inmigración do rural que non deixa de afluír e asentarse en numerosos poboados de infravivenda (1 200 000h en 1978, 3 125 000 en 1998) [7]. A situación agravouse dende 1999 co desastre político e económico de Costa do Marfil que ten levado a unha das cidades máis agradables e desenvolvidas de África a converterse nunha das máis inseguras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Abidjan (Costa do Marfil)
- ↑ «Abidján». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 25.
- ↑ "Vista aérea de Plateau cara ao sueste nos cincuenta". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2013.
- ↑ Planta de Abidjan en 1935
- ↑ Vista virtual da futura ampliación do Porto de Abidjan (protestada polos ecoloxistas; o Canal de Vridi embaixo) [1] Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "Mapa da Abidjan contemporánea cos diferentes distritos". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2013.
- ↑ Mapa da aglomeración urbana de Abidjan
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abidjan |