Axencia Galega das Industrias Culturais
Aparencia
(Redirección desde «AGADIC»)
Axencia Galega das Industrias Culturais | |
---|---|
Tipo | organismo público |
Data de fundación | 2008 |
Fundador(es) | Xunta de Galicia |
Organización matriz | Consellería de Cultura, Educación e Universidade |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://industriasculturais.xunta.gal/gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) é unha institución pública dependente da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia. Ten por obxecto o impulso e consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, colaborando na procura de factores de produción, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. Xurdiu en 2008 a partir da transformación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).