Saltar ao contido

Spotify

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Spotify
Desenvolvedor(es)Spotify Ltd.
Publicación inicial23 de abril de 2006
Última versión8.4.68.911 (Android)
(24 de agosto de 2018)
Sistema operativoWindows, macOS, Linux, Android, iOS, Symbian, Windows Phone
Plataforma/sx86, x86-64
Lingua/s8 linguas
Galego: non
Sitio webwww.spotify.com

Spotify é un servizo, fundado por Daniel Ek e Martin Lorentzon, para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.[1]

A empresa, que ten a súa sede en Estocolmo, Suecia, asinou acordos coas discográficas Universal Music, Sony BMG, EMI Music, Hollywood Records e Warner Music entre outras.[2] Spotify contaba, o 15 de setembro de 2010, con preto de dez millóns de usuarios,[3] dos que ao redor dun millón eran usuarios de pago.[4]

En cifras oficiais, Spotify Ltd. declarou un ingreso bruto de 1.945 millóns de dólares en 2015. Este dato causou polémica, xa que a compañía, malia ter máis de 50 millóns de usuarios de pagamentos rexistrados, rexistrou perdas no mesmo ano.[5][Verificar credibilidade]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas