Saltar ao contido

Señorita Rottenmeier: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.5
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran escala»
 
Liña 26: Liña 26:


== Na serie animada ==
== Na serie animada ==
En 1974 estreouse a versión de debuxos animados [[Heidi (anime)|Heidi]], [[anime]] xaponés da produtora [[Nippon Animation]]. A serie converteuse nun auténtico fenómeno televisivo, tanto no seu [[Xapón]] orixinal como en [[Europa]] e [[América Latina|Latinoamérica]]. A enorme popularidade da serie propiciou a fabricación de artigos de promoción comercial a gran escala que, aínda 45 anos despois da súa estrea, segue dispoñible. A figura dunha Rottenmeier con vestido morado, moño e lentes impertinentes foi modelo de bonecas, chaveiros, pósteres e mercadorías varias. Neste anime, a actriz de dobraxe xaponesa [[Miyoko Asō]] prestou a súa voz ao personaxe, sendo dobrada ao alemán por Tilly Lauenstein, ao español para España por Ana María Saizar e ao español para Latinoamérica por Eugenia Avendaño.
En 1974 estreouse a versión de debuxos animados [[Heidi (anime)|Heidi]], [[anime]] xaponés da produtora [[Nippon Animation]]. A serie converteuse nun auténtico fenómeno televisivo, tanto no seu [[Xapón]] orixinal como en [[Europa]] e [[América Latina|Latinoamérica]]. A enorme popularidade da serie propiciou a fabricación de artigos de promoción comercial a grande escala que, aínda 45 anos despois da súa estrea, segue dispoñible. A figura dunha Rottenmeier con vestido morado, moño e lentes impertinentes foi modelo de bonecas, chaveiros, pósteres e mercadorías varias. Neste anime, a actriz de dobraxe xaponesa [[Miyoko Asō]] prestou a súa voz ao personaxe, sendo dobrada ao alemán por Tilly Lauenstein, ao español para España por Ana María Saizar e ao español para Latinoamérica por Eugenia Avendaño.


== En cómic ==
== En cómic ==

Revisión actual feita o 26 de novembro de 2022 ás 11:01

Fräulein Rottenmeier
Personaxe de Heidi
Primeira aparición Heidi
Última aparición Rottenmeier. Memorias de una institutriz
Creador(es) Johanna Spyri
Voz orixinal Miyoko Asō
Información
Alcume Señorita Rottenmeier
Sexo Feminino
Idade Anciá
Cor de pelo Marrón
Ocupación Institutriz
Nacionalidade Alemaña Alemá

A señorita Rottenmeier, Fräulein Rottenmeier na súa lingua orixinal, é un personaxe de ficción da novela infantil Heidi, publicada pola escritora suíza Johanna Spyri en 1880.[1] O seu nome completo nunca é mencionado. É unha muller de idade madura, severa, ríxida e amargada que traballa como institutriz na mansión da familia Sesseman da cidade alemá de Frankfurt na segunda metade do século XIX. Alí ocúpase da formación e o benestar de Klara Sesemann, a filla do dono da casa, unha nena de doce anos, que vive prostrada nunha cadeira de rodas.

A monótona existencia dos personaxes que habitan na casa vese profundamente alterada coa chegada de Heidi, unha nena suíza contratada como señorita de compañía de Klara. A espontaneidade e ímpeto da recentemente chegada alteran excesivamente os nervios da señorita Rottenmeier, que contempla impotente como se desmoronan unha a unha todas as normas que durante tantos anos empeñouse en impor. Durante unha estancia nos Alpes xunto a Heidi, Klara recupera a mobilidade nas pernas, pondo fin á novela.

Perfil psicolóxico

[editar | editar a fonte]

Rottenmeier é descrita como unha muller pouco agraciada, amargada e con fobia aos animais, presentándose como a vilá da ficción.[2][3] Algúns autores mesmo a adoptaron como estereotipo de muller solteirona seria e resentida, subliñando ademais que no personaxe acentúanse todas as connotacións negativas que na perspectiva social comporta permanecer sen parella.[4][5] En varios libros de autoaxuda usouse o seu apelido para referirse a actitudes de crítica permanente sen fundamento.[6]

Na serie animada

[editar | editar a fonte]

En 1974 estreouse a versión de debuxos animados Heidi, anime xaponés da produtora Nippon Animation. A serie converteuse nun auténtico fenómeno televisivo, tanto no seu Xapón orixinal como en Europa e Latinoamérica. A enorme popularidade da serie propiciou a fabricación de artigos de promoción comercial a grande escala que, aínda 45 anos despois da súa estrea, segue dispoñible. A figura dunha Rottenmeier con vestido morado, moño e lentes impertinentes foi modelo de bonecas, chaveiros, pósteres e mercadorías varias. Neste anime, a actriz de dobraxe xaponesa Miyoko Asō prestou a súa voz ao personaxe, sendo dobrada ao alemán por Tilly Lauenstein, ao español para España por Ana María Saizar e ao español para Latinoamérica por Eugenia Avendaño.

En cómic

[editar | editar a fonte]

Na década de 1970, a raíz do éxito do anime, publicouse en España unha colección de cómics infantís que seguiron a trama da serie e prolongaron a historia máis aló do punto no que finalizan a serie e a novela, con historias inventadas polos debuxantes españois.[7] Nun dos volumes descríbese a causa da amargura do personaxe, que se debe á súa incapacidade para evitar o accidente que prostrou a Klara nunha cadeira de rodas cando esta tan só contaba con dous anos de idade e rodou polas escaleiras da mansión mentres gateaba.

A novela foi levada á gran pantalla en varias ocasións. Algunhas soadas actrices que deron vida ao personaxe son:

Listaxe de filmes nos que se interpreta o personaxe de Rottenmeier, co ano e actriz
Filme Ano Actriz
Heidi (2015) 2015 Katharina Schüttler
Heidi 4 Paws 2008 Majandra Delfino
Heidi 2005 Geraldine Chaplin
Heidi (TV) 1993 Jane Seymour
Heidi's Song 1982 Joan Gerber
Heidi 1978 Sonja Sutter
Heidi 1974 June Jago
Heidi 1965 Margot Trooger
Heidi und Peter 1955 Anita Mey
Heidi 1953 Totti Truman Taylor
Heidi 1952 Anita Mey
Heidi 1937 Mary Nash

En España

[editar | editar a fonte]

A popularidade de Rottenmeier en España especialmente por mor da emisión do anime xaponés en 1975 alcanzou o punto de introducir o apelido do personaxe na linguaxe común, como sinónimo de muller áspera, seca, antipática e impertinente. Ao longo de máis de 40 anos, neste país, son moitas as mulleres relevantes ás que se cualificou de Rottenmeier. Quizais unha das ocasións con máis transcendencia nos medios foi cando en 2011 o entón presidente do Congreso dos Deputados José Bono utilizou o símil en referencia á xornalista Ana Pastor.[8] Convertido nun recurso manido, aplicable a xornalistas ou políticas sexa de esquerdas, sexa de dereitas, a pouco que ostenten algo de poder. A lista de mulleres relevantes que foron comparadas coa institutriz inclúe tamén a Angela Merkel[9], Mercedes Milá[10], María Teresa Fernández de la Vega[11], Elena Salgado[12], María Dolores de Cospedal[13], Esperanza Aguirre[14], Rosa Díez[15], Soraya Sáenz de Santamaría[16], Isabel Díaz Ayuso[17] e mesmo ao Partido Popular no seu conxunto.[18]

Rottenmeier: a novela

[editar | editar a fonte]

O impacto do personaxe e o seu peso no imaxinario colectivo foi tal que, en 2013, o escritor español Roberto Carrasco Calvente publicou coa editorial Punto en Boca unha novela centrada nunha orixinal e propia biografía do personaxe titulada Rottenmeier: Memorias de una institutriz.[19]

  1. Johanna Spyri, ed. (1880). "Heidi". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2021. 
  2. David Blamires (1994). "Children's literature" (en inglés). 
  3. Rocío Ayuso, El País (2 de decembro de 2007). "El villano siempre gana". 
  4. Julia Sequí (2007). "Singles". 
  5. Laurentino Vélez-Pelligrini e Òscar Guasch (2008). "Minorías sexuales y sociología de la diferencia". 
  6. María Tolmo. "Una Princesa en el Espejo". 
  7. Guillem Medina (2011). "Abuelito, dime tu". 
  8. "José Bono llama "señorita Rottenmeier" a Ana Pastor y le aconseja ir a "tertulias"". Deia. 14 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  9. Iñaki Ezkerra (ed.). "La Requetemala". Diario ABC. 
  10. ""Me troncho cuando me imitan"". El Heraldo de Aragón. 6 de agosto de 2011. 
  11. Manuel Martín Ferrand, ed. (18 de maio de 2008). "De la Vega Rottenmeier". Diario ABC. 
  12. Pablo Salgado, ed. (14 de setembro de 2007). "Nacida para reñir". Libertad Digital. 
  13. Diario ABC, ed. (26 de maio de 2012). "Page y la señorita Rottenmeier". 
  14. Eduardo Jordá, ed. (24 de maio de 2008). "Refundición". Diario de Sevilla. 
  15. "Rosa Díez: "No he sido una buena madre. Mis hijos han sufrido por mis decisiones"". Cuatro. 5 de outubro de 2014. 
  16. "España no es solo la Castellana, hay que conocer los pueblos". Diario de Burgos. 4 de maio de 2015. 
  17. "Díaz Ayuso, la presidenta que da pizzas a los escolares pobres y les niega plátanos de Canarias". Diario 16. 7 de maio de 2020. 
  18. Antonio Martínez, ed. (30 de xuño de 2002). "El señorito Rottenmeier". El País. 
  19. Carrasco Calvente, Roberto (2013). "Rottenmeier: Memorias De Una Institutriz". AbeBooks.co.uk (en castelán). Punto en Boca. ISBN 9788494107863. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]