Saltar ao contido

Geri e Freki: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 20: Liña 20:


Crese tamén que os lobos poderían ser deidades das [[Relixión protoindoeuropea|relixións protoindoeuropeas]]. O especialista [[Jacob Grimm]] atopou unha suposta conexión entre Odin e o deus grego, para quen os lobos e os corvos eran sagrados. O filólogo Maurice Bloomfield relacionou a Geri e Freki cos dous cans do Iama pertencentes á [[mitoloxía védica]] temperá, que viu como unha adaptación xermánica do grego [[Cerberus]]. Michael Spiedel comentou a conexión entre os lobos e as figuras dun gran poderío: "Por iso Geri e Freki, os lobos que están ao lado de Odin, tamén estaban a carón dos tronos dos reis anglosaxóns. Os lobos guerreiros como Geri e Freki non eran simples animais, senón seres míticos; como compañeiros de Odin, eles forman parte do seu poder, e el fíxoos lobos guerreiros".
Crese tamén que os lobos poderían ser deidades das [[Relixión protoindoeuropea|relixións protoindoeuropeas]]. O especialista [[Jacob Grimm]] atopou unha suposta conexión entre Odin e o deus grego, para quen os lobos e os corvos eran sagrados. O filólogo Maurice Bloomfield relacionou a Geri e Freki cos dous cans do Iama pertencentes á [[mitoloxía védica]] temperá, que viu como unha adaptación xermánica do grego [[Cerberus]]. Michael Spiedel comentou a conexión entre os lobos e as figuras dun gran poderío: "Por iso Geri e Freki, os lobos que están ao lado de Odin, tamén estaban a carón dos tronos dos reis anglosaxóns. Os lobos guerreiros como Geri e Freki non eran simples animais, senón seres míticos; como compañeiros de Odin, eles forman parte do seu poder, e el fíxoos lobos guerreiros".

== Véxase tamén ==

* [[Mitoloxía nórdica]]
* [[Hugin e Munin]]


== Notas ==
== Notas ==
Liña 33: Liña 28:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===


=== Outros artigos ===
*
* [[Mitoloxía nórdica]]
*[[Hugin e Munin]]

{{Mitoloxía nórdica}}
{{control de autoridades}}


[[Categoría:Mitoloxía nórdica]]
[[Categoría:Mitoloxía nórdica]]

Revisión como estaba o 16 de agosto de 2020 ás 10:39

O deus Odín no trono rodeado polos lobos Geri e Freki e os corvos Hugin e Munin nunha ilustradción de 1882 de Carl Emil Doepler.

Geri e Freki —en nórdico antigo significan «voraz ou codicioso»— son na mitoloxía nórdica os dous lobos que acompañan ao deus Odín e figuran na Edda poética, a Edda prosaica —ámbalas dúas escritas e compiladas no século xiii por Snorri Sturluson—, así como na poesía escáldica.[1][2] Ámbolos dous personaxes foron comparados con outras figuras da mitoloxía grega, romana e védica; tamén foron asociados coas crenzas en torno ao mito germánico dos «lobos guerreiros» ou Úlfheðinn, tamén coñecidos como berserker.[3]

Etimoloxía

De forma xeral, o significado dos nomes Geri e Freki en nórdico antigo, interpretouse como «voraz» ou «codicioso».[1][2] O nome Geri pode ter a súa orixe no adxectivo protoxermánico geraz, relacionado co burgundio girs, o nórdico antigo gerr e o alto alemán antigo ger ou giri; en todos estes idiomas o significado é o de «codicioso».[4] Para Bruce Lincoln, a orixe do nome atópase na raíz protoindoeuropea gher-, cuxa orixe é similar ao de Garm, nome do can que custodia o reino de Hela e que está intimamente relacionado cos eventos do Ragnarök.[5] Freki pode remontarse ao adxectivo protoxermánico frekaz, ligado co gótico faihu-friks, o frec anglosaxón e o alto alemán antigo freh; o significado de todos pode ser «ambicioso», «avarento», «desexoso», «codicioso», «larpeiro» e «audaz».[6] John Lindow interpretou os dous nomes como adxectivos nominalizados do nórdico antigo.[7]

Aparicións

No poema Grímnismál da Edda Poética, Odín —disfrazado de <i id="mwTA">Grímnir—</i> proporciónalle ao mozo Agnarr Geirröðsson información sobre os seus compañeiros. Agnarr di que Odín alimenta a Geri e Freki cando o deus consome un tipo de viño específico.

Tamén se alude aos lobos a través do kenning os canes de Vinðrir, no verso 13 da Helgakviða Hundingsbana I.[5]

No capítulo 38 do libro Gylfaginning da Edda prosaica, a figura exaltada de Hár explica que Odín entrega toda a comida da mesa aos seus lobos. Para o deus, o viño substitúe a bebida e a comida, polo que non a necesita.[8] No capítulo 75 do libro Skáldskaparmál hai unha lista de nomes de huargos e lobos, onde aparecen Geri e Freki.[9]

Na poesía escáldica, Geri e Freki úsanse como nomes comúns para «lobo», especificamente no capítulo 58 do Skáldskaparmál —citados nalgúns traballos de Þjóðólfur úr Hvini e Egill Skallagrímsson—. Geri utilízase como sinónimo do termo no capítulo 64 do Hattatal.[10][11] No capítulo 58 do Skáldskaparmál, Geri é empregado en kennings para «sangue», e «carroña» no capítulo 60 do mesmo texto. Ditas acepcións aparecen nas obras As cervexas de Geri e pedazo de Geri, escritas polos escaldos Þórðr Sjáreksson e Einarr Skúlason respectivamente.[12][13] Freki forma parte dun kenning para «carroña» no capítulo 58 do Skáldskaparmál.[18][19]

Teorías

Placa de bronce da Era de Vendel en Öland, Suecia. Nela represéntase un guerreiro cuberto cunha pel de lobo e una espada acompañado dunha figura danzante.

O nome Freki tamén se aplica ao lobo Fenrir no poema Völuspá, dentro da Edda poética. O folclorista John Lindow viu isto como unha ironía, xa que segundo a mitoloxía nórdica Fenrir mataría e devoraría a Odín durante o Ragnarök.[14] O historiador Michael Spiedel relacionou a Geri e Freki con restos arqueolóxicos que representan figuras vestidas con peles de lobos, e frecuentemente atopados xunto a nome relacionados con «lobo» entre os pobos germánicos, incluíndo: Wulfhroc, Wolfhetan, Isangrim, Scrutolf, Wolfgang, Wolfdregil e Vulfolaic. Tamén poden estar ligados aos mitos sobre guerreiros-lobos da mitoloxía nórdica, como os berserker. Spiedel cre que isto apunta ao culto pan-germánico dos guerreiros lobos, que vira ao redor de Odín, e que diminuíu logo da cristianización.[15]

Crese tamén que os lobos poderían ser deidades das relixións protoindoeuropeas. O especialista Jacob Grimm atopou unha suposta conexión entre Odin e o deus grego, para quen os lobos e os corvos eran sagrados. O filólogo Maurice Bloomfield relacionou a Geri e Freki cos dous cans do Iama pertencentes á mitoloxía védica temperá, que viu como unha adaptación xermánica do grego Cerberus. Michael Spiedel comentou a conexión entre os lobos e as figuras dun gran poderío: "Por iso Geri e Freki, os lobos que están ao lado de Odin, tamén estaban a carón dos tronos dos reis anglosaxóns. Os lobos guerreiros como Geri e Freki non eran simples animais, senón seres míticos; como compañeiros de Odin, eles forman parte do seu poder, e el fíxoos lobos guerreiros".

Notas

  1. 1,0 1,1 Simek 2007, p. 90—106
  2. 2,0 2,1 Lindow 2001, p. 120—139
  3. Laia San José Beltrán, Quienes fueron realmente los vikingos, Quarentena, 2015, ISBN 978-84-16229-16-1 p. 328.
  4. Orel 2003, p. 132
  5. 5,0 5,1 Lincoln 1991, p. 99
  6. Orel 2003, p. 113
  7. Lindow 2001, p. 120—139
  8. Faulkes 1995, p. 33
  9. Faulkes 1995, p. 64
  10. Faulkes 1995, p. 135
  11. Faulkes 1995, p. 204
  12. Faulkes 1995, p. 136
  13. Faulkes 1995, p. 138
  14. Lindow 2001, p. 120
  15. Spiedel 2004, p. 24—28

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos