Saltar ao contido

GTPase pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
GTPase monomérica pequena
Identificadores
Número EC 3.6.5.2
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum

As GTPases pequenas (EC 3.6.5.2) son unha familia de encimas hidrolases que poden unirse á guanosina trifosfato (GTP) e hidrolizalo. Son un tipo de proteína G que se encontra no citosol da célula, que son homólogas coa subunidade alfa das proteínas G heterotriméricas, pero a diferenza da subunidade alfa das proteínas G, unha pequena GTPase pode funcionar independentemente como encima hidrolase que se une e hidroliza a un GTP para formar GDP. Os membros mellor coñecidos destes encimas son as GTPases Ras e por esa razón se lles chama ás veces superfamilia Ras de GTPases.

Unha proteína G típica está activa cando se une ao GTP e inactiva cando está unida ao GDP (é dicir, cando o GTP que tiña unido se hidroliza a GDP). O GDP pode despois ser substituído por GTP libre. Por tanto, unha proteína G pode ser "encendida" ou "apagada". A hidrólise do GTP é acelerado polas proteínas activadoras de GTPases (GAPs), mentres que o intercambio de GTP é catalizado por factores de intercambio de nucleótidos de guanina (GEFs). A activación dun GEF tipicamente activa á súa correspondente proteína G, mentres que a activación dunha GAP dá lugar á inactivación da proteína G correspondente. Os inhibidores da disociación de nucleótidos de guanosina (GDI) manteñen ás pequenas GTPases en estado inactivo.

As pequenas GTPases regulan diersos procesos celulares, como son a proliferación celular, diferenciación celular, movemento celular e transporte de vesículas lipídicas.

A superfamilia Ras

Artigo principal: Superfamilia Ras.

Hai máis de cen proteínas dentro da superfamilia Ras,[1] que comprende nove familias, responsables en xeral da proliferación celular, morfoloxía celular, transporte nuclear, e transporte de vesículas.[2]

Notas

  1. Wennerberg K, Rossman KL, Der CJ (March 2005). "The Ras superfamily at a glance". J. Cell. Sci. 118 (Pt 5): 843–6. PMID 15731001. doi:10.1242/jcs.01660. 
  2. Munemitsu S, Innis M, Clark R, McCormick F, Ullrich A, Polakis P. (1990). "Molecular cloning and expression of a G25K cDNA, the human homolog of the yeast cell cycle gene CDC42". Mol Cell Biol 10 (11): 5977–82. ISSN 0270-7306. PMC 361395. PMID 2122236. 

Véxase tamén

Ligazóns externas