Saltar ao contido

Francisco Asorey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaFrancisco Asorey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1889 Editar o valor en Wikidata
Fefiñáns, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Galegos Ilustres Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónEscultor
EmpregadorEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosBonome, José María Acuña López, Acisclo Manzano, Alfonso Vilar Lamelas, Maxín Picallo, Fernando García Blanco, Andrés Barbazán, Camilo Otero, José Cao Lata, Cástor Lata e Manuel Mallo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX931010 BUSC: asorey-francisco-1889-1961

Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado un dos renovadores da arte galega, e por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Francisco Asorey será homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2024.[2]

Traxectoria

Nado en Fefiñáns, na mesma localidade onde nacera 13 anos antes Ramón Cabanillas, na casa onde a súa familia tiña o seu negocio de teas localizada na rúa que daquela se chamaba Rúa do Sol e actualmente coñecida como Praza de Francisco Asorey. A casa familiar foi vendida por mor das débedas no ano 1895. Estudou no colexio dos Salesianos en Sarrià (Barcelona) e logo foi profesor de debuxo na escola que tiñan en Barakaldo (Biscaia). Despois viviu uns anos en Madrid, onde entra en contacto co ambiente artístico da capital, que non lle agrada moito, alí coñece e fai moita amizade co pintor Julio Romero de Torres e empeza os seus primeiros traballos artísticos de relevancia.

Asorey ós 25 anos, á dereita, no seu estudio da Caramoniña rematando o busto do fotógrafo Enrique Guerra.[3]

En 1918 gaña por oposición a praza de escultor anatómico da facultade de Medicina de Santiago de Compostela, cidade á que se traslada definitivamente a vivir. Alí casa con Jesusa Ferreiro na década de 1920 e monta un taller de escultura na rúa Caramoniña (xunto ao convento de San Domingos de Bonaval). Deste taller saen as obras en madeira policromada tituladas Picariña, Naiciña, O Tesouro, Ofrenda a San Ramón, A Santa e San Francisco (1ª medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid).

Na década de 1930 traslada o taller a Santa Clara por necesidades de espazo. Alí fixo os grandes monumentos de Loriga, Curros Enríquez, Virxe de Tanxil... A represión da guerra civil lévalle a moitos dos seus amigos (como Camilo Díaz Baliño) e el vive eses anos nun plano discreto; adáptase á nova situación e segue traballando, facendo en moitos casos obras para as autoridades franquistas co vocabulario propagandístico que se lle esixe pero tamén afronta encargas de gran calidade, como a Piedade para o Panteón do Centro Galego de Bos Aires, o monumento ao Padre Feijoo no Mosteiro de Samos, o monumento a Ramón Aller en Lalín ou a magnífica talla en madeira do Cristo da igrexa de Santa María de Moiá en Barcelona.

En 1957 foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega.[4].

Obra (selección)

Galería de imaxes

Notas

  1. "Partida de nacemento". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  2. "O Día das Artes Galegas 2024 será para Francisco Asorey". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-07-04. 
  3. Imaxe publicada na revista Vida Gallega, 1914.
  4. "Membros de honra". Real Academia Galega. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas