Abraham Isaac Sidrak
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1955 (69 anos) Beni-Chokeir, Exipto (en) |
Administrador apostólico | |
23 de xaneiro de 2017 – 10 de abril de 2018 Diocese: Coptic Catholic Eparchy of Giza (en) | |
Bispo diocesano | |
15 de xaneiro de 2013 – ← Antón I Naxib Diocese: Coptic Catholic Eparchy of Alexandria (en) | |
Patriarca católico copto de Alexandría | |
15 de xaneiro de 2013 – | |
Coptic Catholic bishop (en) | |
15 de novembro de 2002 – | |
Bispo diocesano | |
29 de setembro de 2002 – ← Antón I Naxib Diocese: Coptic Catholic Eparchy of Minya (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1980–) |
Consagración | Stéphanos II Ghattas (pt) |
Abraham Isaac Sidrak (en árabe: إبراهيم إسحاق سدراك), nado en Beni Chokeir (Exipto) o 19 de agosto de 1955, é o Patriarca de Alexandría da Igrexa Católica Copta e bispo da Alexandría dende o 15 e xaneiro de 2013.
Traxectoria
Laham naceu en Beni Chokeir, preto de Asiut, Exipto, o 19 de agosto de 1955. O 7 de febreiro de 1980 foi ordenado sacerdote da eparquía de Asiut.
O 29 de setembro de 2002 foi nomeado bispo de Minia. Recibiu a consagración episcopal o 15 de novembro, de mans do patriarca Estevo X Ghatas.
O 15 de xaneiro de 2013 foi elixido patriarca de Alexandría e bispo de Alexandría. O papa Bieito XVI concedeulle tres días máis tarde a comuñón eclesiástica.
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco recoñeceuno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
Notas
- ↑ "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014.
Il Santo Padre Francesco [...] ha annoverato tra i Membri [...] Ibrahim Isaac Sidrak.