Zona económica exclusiva

(Redirección desde «ZEE»)

A zona económica exclusiva (ZEE) ou o mar patrimonial é unha faixa marítima de 200 millas (370,4 km) máis aló da liña base costeira (augas interiores). O seu baseamento está na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito no Mar de 1982.

A ZEE en Galiza.

No caso de Galiza as augas interiores son as rías e a extensión máis próxima de auga que queda entre os puntos máis afastados da costa unidos entre si. Dende esa liña base de costa as seguintes 12 millas (22,2 km) son as chamadas augas territoriais. As doce millas seguintes a elas son as chamadas augas adxacentes. Na fixación destas faixas non se teñen en conta os baixos, rochas ou pequenas illas non habitables afastadas da costa e sen poboación (artigo 121). A liña de costa está delimitada pola baixamar segundo se indica nas cartas náuticas, artigo 5 da Convención do Mar.

Zona económica exclusiva en Galiza

editar
 
Zona económica exclusiva
 
Zonas económicas exclusivas dos países do mundo.

A ZEE en Galiza equivale a 7,8 veces a súa superficie e supón preto do 30% da ZEE de España. Limita con dúas fronteiras nacionais: Francia e Portugal, e co océano Atlántico (mar aberto).

A separación con Francia está no límite entre Galiza e Asturias, en Ribadeo e non chega a 200 millas. E no sur no Miño con Portugal. Nesta zona a ZEE de Galiza ten 200 millas e incluso máis contando a plataforma continental estendida sobre a que o Goberno de España reclama a súa soberanía. Esta posibilidade de estender a reclamación territorial máis alá das 200 millas, pola existencia de plataforma continental, é o que xerou conflitos como a Guerra do fletán con Canadá en 1995. A xestión e administración da ZEE corresponde ao Goberno de España.

ZEE nas costas galegas[1]
Xurisdición Área Porcentaxe de España
Augas interiores 2.626 km² 17,89%
Mar territorial 8.316 km² 8,18%
Zona contigua 9.202 km² 7,85%
ZEE en Galiza 224.832 km² 29,65%
Plataforma continental ampliada 38.182 km² 100%
Xurisdición 1 232.192 km² -
Xurisdición 2 273.956 km² 24,45%
Lonxitude da costa
Lonxitude Porcentaxe de España
1.562 km 20,82%
Notas
  • Xurisdición 1: Zona en disputa con Francia e Portugal, por definir límites.
  • Xurisdición 2: Zona reclamada por España.

Dereitos nacionais

editar

A ZEE dálle o dereito de soberanía ao estado para explorar, administrar, conservar e explotar os recursos naturais (artigo 56) incluída a explotación enerxética como no caso do Gran Burato ou na eólica off-shore.

Dereitos internacionais

editar

Tódolos estados, teñan ou non litoral, teñen os seguintes dereitos na ZEE:

  • Liberdade para navegar e sobrevoar (artigo 17).
  • Liberdade para tirar cables e tubos submarinos (artigo 58).
  • Liberdade para a pesca limitada e controlada polo estado litoral (artigos 61 e 62).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar