Xosé Luís Regueira
Xosé Luís Regueira Fernández, nado en Goiriz (Vilalba) o 6 de xullo de 1958, é un lingüista galego. Desde 2018 dirixe o Instituto da Lingua Galega.[1]
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1958 (66 anos) Goiriz, España |
Formación profesional | Filoloxía Románica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Antón Santamarina |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, lingüista |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2008–) Universidade de Santiago de Compostela (1994–2008) Universidade de Santiago de Compostela (1991–1994) Universidade de Santiago de Compostela (1987–1991) Universidade de Colonia (1985–1987) |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (2012–) Real Academia Galega (membro correspondente) (2002–2012) |
Premios | |
Traxectoria
editarEn 1982 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1983 entregou a memoria de licenciatura, co título O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. En 1989 conseguiu o doutoramento, coa tese A fala do norte da Terra Chá: estudio descritivo.
Traballou como lector de castelán na Universidade de Colonia, e posteriormente incorporouse ao cadro académico da Universidade de Santiago, neste caso no departamento de Lingua Galega, onde é catedrático. A súa investigación estivo centrada na fonética e na fonoloxía da lingua galega.
É membro do Instituto da Lingua Galega desde 1981, ocupou durante anos o posto de secretario e desde xuño de 2018 é o seu director.[2] Tamén estivo vinculado á revista de investigación Cadernos de Lingua, da que actualmente (2011) é coordinador. O 23 de marzo de 2011 foi escollido académico da Real Academia Galega[3], lendo o 3 de xuño de 2012 o seu discurso de entrada.
Obra
editar- Guía bibliográfica de lingüística galega (1996)
- Os sons da lingua (1998)
- Dicionario de pronuncia da lingua galega (2011)
- Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, discurso de entrada na RAG, lido o 3 de xuño de 2012 e respondido por Manuel González González.
Obras colectivas
editar- Gramática galega (Galaxia, 1986, xunto con Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez Blanco; Premio Antón Losada Diéguez)
Traducións
editar- O rei Túnix (Mira Lobe, 1962; xunto con Rosa María López Gato).
Notas
editar- ↑ "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do Instituto da Lingua Galega". Galicia Confidencial. 25 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do ILG da USC". USC. 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ Ingreso de Xosé Luís Regueira Fernández Arquivado 09 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Luís Regueira |