Xohanesburgo

cidade máis importante da República Surafricana

Xohanesburgo[1][2][3] (en afrikaans e inglés Johannesburg) é a cidade máis importante da República Surafricana aínda que non sexa sede de representación política algunha, é o verdadeiro corazón financeiro, industrial e comercial do país, sendo a súa cidade máis grande e poboada, a cuarta maior do continente africano, tralo Cairo, Lagos e Kinshasa.

Modelo:Xeografía políticaXohanesburgo
Johannesburg (af)
eGoli (zu)
eGoli (xh)
Joni (ts)
!Huni //hÄb (naq)
Johannesburg (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeJoburg, Jozi e The City of Gold Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 26°12′16″S 28°02′30″L / -26.20436, 28.04164
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirGauteng
Municípios metropolitanos da África (pt) TraducirCity of Johannesburg Metropolitan Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación4.434.827 (2011) Editar o valor en Wikidata (2.697,58 hab./km²)
Lingua usadalingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.644 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.753 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1886 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMpho Phalatse (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2001 e 2000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2711 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webjoburg.org.za Editar o valor en Wikidata
Facebook: CityofJoburg Twitter: CityofJoburgZA Instagram: cityofjoburg LinkedIn: city-of-johannesburg Youtube: UCevX3M3T-1hLmqyzXcWL43w BNE: XX5137134 Editar o valor en Wikidata

Historia e características

editar
 
O centro de Xohanesburgo cos seus rañaceos.

De acordo co censo de 2001, a poboación da cidade supera os tres millóns. A área urbana consta de 1644 km², resultando unha densidade de só 1,962 hab/km²; e a poboación da rexión metropolitana do Gran Xohanesburgo chega a oito millóns de persoas. É unha das 40 maiores áreas metropolitanas do mundo e unha das tres cidades globais africanas, xunto a O Cairo e Cidade do Cabo.

En 1886, despois do descubrimento de ouro no Witwatersrand, a administración da pequena República de Transvaal decide enviar ao vicepresidente CH. Johannes Joubert e ao deputado supervisor xeral Johann Rissik para inspeccionar os xacementos e atopar o lugar máis axeitado para establecer un asentamento, xermolo dunha futura cidade. Por eles recibiu o seu nome e xa en 1896 tiña 100.000 habitantes.

Debido á proximidade da cadea de Witwatersrand, ricas en minerais, Xohanesburgo é un centro de ouro e diamante a grande escala. Por algo lle chaman tamén Igoli ("lugar de ouro").

Etimoloxía

editar

A orixe do topónimo é incerta. Crese que o nome de Johannes, nome en afrikaans para Xoán, podéndose referir a Johannes Rissik.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Xohanesburgo.

Prehistoria

editar

A rexión que abrangue a cidade de Xohanesburgo é habitada hai millóns de anos. Nas cavernas de Sterkfontein, ao noroeste, foi encontrado un esqueleto completo dun homínido de 3,3 millóns de anos de idade, ademais doutros 700 espécimes de Australopithecus africanus, de entre eles Mrs Ples, que ten entre 2,8 e 2,3 millóns de anos.

Hai cerca de 100 mil anos, a rexión de Xohanesburgo achábase habitada por nómades.

En 1060 a.C., os pobos coñecidos como bantús migraron á rexión. Os bantús eran un pobo da Idade de Ferro que domesticaba animais, cultivaba a terra, traballaba o metal, confeccionaba potes de cerámica e vivía en vilas organizadas.

Colonización

editar

Os primeiros europeos que chegaron á área foi un pequeno grupo de bóers que estabeleceron plantacións. Até a década de 1880 ningún asentamento fora estabelecido. Cando se encontrou ouro en 1886, houbo un cambio. O ouro foi inicialmente encontrado ao leste da actual Xohanesburgo, en Barberton. Logo descubriríase un depósito aínda máis rico en Witwatersrand.

A cidade creceu como un pequeno asentamento de mineiros, mais ían chegan millares de persoas doutras rexión estabelecéndose na área, vindas principalmente de América do Norte, Reino Unido e do resto de Europa. Coa supervalorización das terras, as tensións creceron entre os africáners, que controlaban a rexión durante o século XIX, e os británicos, culminando na Segunda Guerra dos Bóer, conseguiron o control da área.

Apartheid

editar
Artigo principal: Apartheid.

Coa Unión Surafricana declarada en 1910, o goberno pasou a controlar máis as áreas de extracción. Foi instituído un sistema racial no que negros e indianos serían pesadamente taxados e barrados na contratación de traballos non-brazais.

O goberno tamén instituíu a mudanza forzada das poboacións non-europeas para áreas delimitadas. Foi neste sistema que foi creada a Township de South Western Townships, máis coñecida como Soweto, onde Nelson Mandela viviu varios anos.

Despois de 1990

editar

As regras do apartheid foron abolidas en febreiro de 1990, e desde as eleccións de 1994, Xohanesburgo viuse libre das leis discriminatorias. A township negra foi integrada ao sistema de goberno municipal. A pesar diso, hai unha migración das zonas meridionais e do centro cara ó norte, por ser unha zona máis segura.

Educación

editar

Xohanesburgo posúe un sistema de educación superior desenvolvido, tanto para universidades privadas como públicas. Conta coas universidades públicas de Witwatersrand e Xohanesburgo.

A Universidade de Xohanesburgo fundouse o 1 de xaneiro de 2005, cando tres universidades separadas e os seus campus —Rand Afrikaans University, Technikon Witwatersrand e Vista University— se fusionaron. A nova universidade ofrece educación en inglés e afrikaans, ademais de cursos doutras linguas oficiais de Suráfrica.

A Universidade de Witwatersrand é unha das principais universidades do país e é famosa por ser un centro de resistencia ao apartheid.

Entre as universidades privadas figuran a Monash University, que ten un dos seus 8 campus en Xohanesburgo (6 dos outros están en Australia e o outro en Malaisia) e o Midrand Graduate Institute, que se encontra en Midrand.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2014. 
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar