Xoán de Deus
Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.
Nome orixinal | (pt) João Cidade |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de marzo de 1495 Montemor-o-Novo, Portugal |
Morte | 8 de marzo de 1550 (55 anos) Granada, España |
Lugar de sepultura | Granada |
Relixión | Igrexa católica e catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | enfermeiro, libreiro, Mercenario, pastor |
Orde relixiosa | Fundação São João de Deus (pt) |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 8 de marzo |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarFoi pastor, soldado nos exércitos de Carlos V e vendedor ambulante de libros. A predicación de Xoán de Ávila provocou nel unha súpeta conversión, entregou todos os seus bens aos pobres e, como penitencia, fíxose o tolo ata o punto de que foi internado nun manicomio onde foi torturado e vexado. Alí instaba aos coidadores a que tiveran maior suavidade cos enfermos mentais.
Xoán de Ávila conminoulle a que deixara esa penitencia. Unha vez liberado, adicou a súa vida ao coidado de enfermos, nenos da rúa, anciáns abandonados e prostitutas, aínda que a súa dedicación especial foi aos enfermos mentais, aplicando métodos de trato humano e comprensión que tiveron moito éxito.
Enfermo de artrite, a súa doenza agravouse debido a que, nunha ocasión, botouse ás augas xeadas do río para salvar a vida dun colaborador. Enfermo e impedido, morreu aos 55 anos de idade.
Significación
editarFoi beatificado en 1630 por Urbano VIII e canonizado en 1691 por Alexandre VIII. Está considerado pola Igrexa Católica patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán de Deus |