Xoán VII Paleólogo
Xoán VII, alcumado o Paleólogo (en grego Ιωάννης Ζ' Παλαιολόγος), nado en 1370 e finado o 22 de setembro de 1408, foi emperador bizantino durante seis meses en 1390.
Nome orixinal | (el) Ιωάννης Ζ' Παλαιολόγος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1370 (Gregoriano) Constantinopla, Turquía |
Morte | 22 de setembro de 1408 (37/38 anos) Tesalónica, Grecia |
Emperador bizantino | |
14 de abril de 1390 – setembro de 1390 ← Xoán V Paleólogo – Xoán V Paleólogo → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Goberno e política |
Lugar de traballo | Imperio Bizantino |
Ocupación | rexente |
Familia | |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Cónxuxe | Irene Gattilusio |
Fillos | Andrónico V Paleólogo |
Pais | Andrónico IV Paleólogo e Keratsa da Bulgária |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Era neto de Xoán V e fillo de Andrónico IV e dunha princesa búlgara. En principio, non estaba na liña sucesoria por mor da revolta do seu pai contra Xoán V, pero trala morte de Andrónico, depuxo a Xoán V en 1390. Coroou ao seu fillo Andrónico V como co-emperador. Poucos meses despois foi deposto por Xoán V co apoio dos turcos otománs e de Venecia.
Trala morte de Xoán V en 1391, o novo emperador Manuel II chegou a un acordo con el para evitar a guerra civil: Xoán VII aceptaba a Manuel como emperador, pero á morte deste, sucederíao o seu fillo Andrónico V.
En 1399, cando os turcos declararon a guerra, Manuel II foise de Constantinopla para pedir axuda en Occidente, e deixou a Xoán VII como rexente. Este defendeu o Imperio durante dous anos, coa única esperanza posta nun milagre, que sucedería en 1402, cando os turcos foron derrotados por Tamerlán na batalla de Ancara. Tras esta derrota, os turcos asinaron a paz e unha alianza co Imperio bizantino. A cambio, Xoán VII recuperou case toda a costa europea do mar de Mármara que fora ocupada polos turcos, coa doazón especial da cidade de Tesalónica no Exeo, que foi entregada a Manuel II ao seu retorno de Occidente, pois este perdeuna anos antes, cando foi o seu gobernador provincial. Á volta de Manuel II, Xoán VII devolveulle o poder, e mantívose como gobernador de Tesalónica ata a súa morte en 1408.
O fillo de Xoán VII, Andrónico V, morreu dez anos antes que o seu pai, e a coroa imperial foi herdada polos fillos de Manuel II.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán V Paleólogo |
Xoán VII Paleólogo | Precede a: Xoán V Paleólogo |
Dinastía Paleólogo |