Xerardo Fernández Albor
Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917 e finado o 12 de xullo de 2018,[1] foi un médico e político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1917 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de xullo de 2018 (100 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 19 de xullo de 1994 – 19 de xullo de 1999 Lexislatura: IV lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Popular 25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994 Lexislatura: III lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1989 | |
1º Presidencia da Xunta de Galicia | |
22 de xaneiro de 1982 – 26 de setembro de 1987 ← Xosé Quiroga Suárez – Fernando González Laxe → | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
20 de outubro de 1981 – 25 de xullo de 1989 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | político, médico |
Partido político | Alianza Popular Partido Popular |
Familia | |
Irmáns | Agustín Fernández Albor |
Premios | |
Traxectoria
editarVida persoal
editarOs seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o hotel Estrella en Santiago de Compostela.[2]
En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.[3]
Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos de tendencia conservadora.
Casou en xaneiro de 1952 con María Asunción Baltar Tojo, filla de Ramón Baltar Domínguez.[4]
Tivo unha irmá, falecida en 2009[5], e un irmán, o xurista Agustín Fernández Albor.
Vida política
editarEn 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia. Tras ingresar en AP, Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia.
En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas e narcotraficantes galegos en Vila Nova de Cerveira.[6][7]
O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.
Galardóns
editarFillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.[8]
Notas
editar- ↑ Redacción (12 de xullo de 2018). Sermos Galiza, ed. "Morre Fernández Albor, primeiro presidente da Galiza autonómica". Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ El Correo hace 25 años Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego o 31 de marzo de 2009 (en castelán).
- ↑ Fernández Santander, C. (2000). Alzamento e Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Ediciós do Castro.
- ↑ El Correo gallego, 31-1-1952, p. 2.
- ↑ "Pesar por la muerte de Josefina Fernández Albor". El Correo Gallego (en castelán). 26 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 26 de abril de 2009.
- ↑ Diario de Sesións do Parlamento de Galicia Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine., 27 de novembro de 1984.
- ↑ "Cando o Presidente da Xunta se reunía con contrabandistas fuxidos ao norte de Portugal". Praza Pública. 1 de marzo 2018.
- ↑ Maceiras: "Por mérito propio, Albor es ya pobrense ilustre" Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 30/10/2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xerardo Fernández Albor |
Bibliografía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Fernández Albor, Gerardo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2011): "Fernández Albor, Xerardo" en Diccionario Biográfico Español, Madrid: Real Academia da Historia.
- Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): O triunfo do galeguismo. Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Editorial Dykinson.
- Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.
Ligazóns externas
editarPredecesor: Xosé Quiroga Suárez |
Presidente da Xunta de Galicia 1981 - 1987 |
Sucesor: Fernando González Laxe |