William Klein, nado en Nova York o 19 de abril de 1926 e finado en París o 10 de setembro de 2022, foi un pintor, director de filmes e fotógrafo estadounidense que porén desenvolveu case toda a súa carreira en París, onde vive. Foi alcumado bad boy.

Modelo:BiografíaWilliam Klein

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
14º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
EducaciónParis Faculty of Law and Economics (en) Traducir
City College de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFashion photography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París (1948–2022)
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, realizador, guionista, fotógrafo de moda, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAndré Lhote Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteModern Times: Photography in the 20th Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0459017 Allocine: 5668 Allmovie: p199598
BNE: XX1006390 Musicbrainz: f18d9f9f-79f0-465a-a6bf-52c27ef63739 Discogs: 1378472 Find a Grave: 257388374 Editar o valor en Wikidata
William Klein

Destacou fundamentalmente como fotógrafo, especialmente das series dedicadas ás grandes cidades: Nova York, Roma, Moscova, Toquio e París, onde viviu dende 1948. Se houbese que sinalar unha imaxe de Klein sobre todas as demais estaría sen dúbida a titulada Gun 1[1] pertencente á serie de Nova York, e na que se pode ver un neno apuntando cunha pistola directamente á cámara. O seu traballo influíu noutros artistas como Helmut Newton, Frank Horwath, David Bailey ou Jeanloup Sieff e tamén deixou unha forte pegada na fotografía de moda.

Traxectoria

editar

Fillo dunha familia de inmigrantes xudeus en Manhattan, Nova York, William Klein estudou socioloxía e con dezanove anos marchou para París co exército estadounidense, onde chegou o 13 de xullo de 1947. Na capital francesa entrou primeiramente no obradoiro de André Lhote (coma Henri Cartier-Bresson), e logo no de Fernand Léger.

Logo iniciou a súa carreira fotográfica, e asemade foi dando os seus primeiros pasos no cinema con curtametraxes individuais ou dirixidas con Louis Malle. A principios dos anos cincuenta, Klein expuxo pinturas xeométricas abstractas, na liña de Léger. Pero tamén foi nese tempo onde realizou as súas obras mestras na fotografía.

Entre 1954 e 1955 obtivo as imaxes da súa serie de Nova York, que revolucionaron as publicacións fotográficas pola súa mestura de poesía, humor negro e crítica social. Innovou na técnica, incorporando graos, borrosos, encadramentos nesgados... pero tamén no procedemento, pois botábase á rúa disparando ao chou, e non revisaba o traballo feito ata o día seguinte. Fronte á obxectividade, que era un dos dogmas fotográficos do momento, Klein decidiu facerse ver, intervir e poñer en evidencia a actitude da xente fronte á cámara.

O libro, editado nun formato peculiar, con grandes tipografías e distribuíndo varias imaxes na mesma páxina a xeito de tira cómica, Klein tentouno publicar nos Estados Unidos co título Life is good and good for you in New York (A vida é boa, e é boa para ti en Nova York). Así que se publicou ao ano seguinte, 1956, en París, en edición francesa pero con coedicións en inglés e italiano. A obra obtivo o prestixioso Premio Nadar en 1957.

Paralelamente Klein seguiu desenvolvendo o seu labor como cineasta, e foi chamado por Federico Fellini para que fose o seu asistente. Dese tempo é precisamente o álbum Roma (1958). Na súa carreira, como director, que comezou nese ano con Broadway á noite, destacaron os documentais políticos, especialmente sobre persoeiros negros, e os filmes publicitarios.

En 1983 e en 2005, o Centre Pompidou consagroulle senllas exposicións. As súas imaxes de Nova York puidéronse ver en Santiago de Compostela entre abril e xuño de 1997.

Documentais

editar
  • Broadway by Light (1958)
  • Les troubles de la circulation (1962)
  • Le buisness et la mode (1962)
  • Les français et la politique (1962)
  • Gare de Lyon (1963)
  • Aux grands magasins' (1964)
  • Loin du Viêt Nam (1967) : filme colectivo (Godard, Marker, Lelouch...)
  • Muhammad Ali, the Greatest (1969) : Float Like a Butterfly, Sting Like a Bee
  • Eldridge Cleaver' (1970) : Les black Panthers
  • Hollywood, California: A Loser's Opera' (1977)
  • Grands soirs & petits matins (1978) :
  • The Little Richard Story (1980) : comme son nom l'indique
  • The French (1982)
  • Contacts (1983)
  • Ralentis (1984)
  • Mode in France (1984)
  • Babilée '91 (1992) : balé filmado
  • In and out of fashion (1994)
  • Le Messie (1999) : sobre o Mesías de Händel

Filmes de ficción

editar
  • Qui êtes-vous, Polly Maggoo? (1966) : sátira ambientada no mundo da moda (Pemio Jean Vigo)
  • Mr. Freedom (1969)
  • Le Couple témoin (1977)

Álbums

editar
  • New York (1956)
  • Life is good and good for you in New-York : Trance Witness Revels (1958)
  • Rome (1958)
  • Moscou (1964)
  • Tokyo (1964)
  • Mister Freedom" (1970)
  • Close up (1989)
  • Torino '90 (1990)
  • Mode in & out (1994)
  • New York 1954-55 nova edición aumentada (1995)
  • William Klein Films (1998)
  • Paris + Klein (2002)
  • MMV Romani (2005)
  • William Klein, rétrospective (2005)
  1. "Gun 1". Consultado o 2020-03-30.