William Champion, nado en Southampton (Hampshire) o 31 de xullo de 1978, é un músico inglés, batería de Coldplay.

Modelo:BiografíaWill Champion

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Southampton, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres - antropoloxía (1996–2000)
Cantell School (en) Traducir
Peter Symonds College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiSara Champion Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1363194 Musicbrainz: 6953c4db-7214-4724-a140-e87550bde420 Discogs: 530746 Allmusic: mn0000822717 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi criado no barrio de Highfield, próximo á Universidade de Southampton onde seu pai, Timothy Champion, é profesor de Arqueoloxía.

De rapaz as influencias de Champion foron Tom Waits, Nick Cave e a música folk irlandesa. Aprendeu a tocar o piano e o violín ós oito anos e a guitarra ós doce. Antes de entrar en Coldplay tocaba nunha banda chamada Fat Hamster. Foi o último en unirse á banda no 31 de xullo de 1997. Fíxoo como batería sen ter experiencia previa pero logo aprendeu. En 1999 o cantante Chris Martin botouno pero a banda pediulle que volvese pouco despois. É considerado o racional do grupo. Din de el que é moi sensato e cando hai que tomar decisións é moi bo dando ideas e mantendo a todos centrados. Con frecuencia ten o voto decisivo e ás veces a súa opinión vale máis que o consenso dos máis. Chris Martin dixo en varias ocasións: 'Todos traballamos para Will Champion'.[Cómpre referencia]

A nai de Champion, Sara, Doutora en Arqueoloxía Prehistórica, morreu de cancro no ano 2000. O disco Parachutes está dedicado a ela.

Will foi o primeiro membro de Coldplay que casou. Fíxoo con Marianne Dark en 2003. O seu primeiro fillo, unha nena chamada Ava, naceu o 28 de abril do 2006. O 7 de maio de 2008 tiveron xemelgos: Juno e Rex.