Galifontes
Wikisource é unha biblioteca dixital de fontes de texto libres en formato wiki, operado pola Wikimedia Foundation. O proxecto é un repositorio de obras no dominio público ou con licenza libre. O contido inclúe obras publicadas ou documentos históricos, que cumpran certos requisitos de verificabilidade. O concepto orixinal para o Wikisource foi o de ser un almacén de textos históricos útiles ou importantes, coa intención de dar apoio aos artigos da Wikipedia coma fonte primaria de evidencias e verificabilidade, e coma arquivo de seu. A colección tivo un enfoque inicial nos materiais históricos e culturais, distinguíndose doutros arquivos dixitais coma o Proxecto Gutenberg. A versión en lingua galega de Wikisource coñécese tamén como Galifontes.
Galifontes | |
---|---|
Tipo | biblioteca virtual, sitio web e proxecto da Wikimedia |
Data de fundación | 24 de novembro de 2003 |
Na rede | |
https://wikisource.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |