Welcome to Sarajevo
Welcome to Sarajevo (Benvido a Saraxevo) é unha película británica do ano 1997 dirixida por Michael Winterbottom. Retrátase o cerco a Saraxevo, o período mais dramático da guerra da Bosnia. O filme está baseado na historia real do xornalista británico Michael Nicholson, que adoptou unha nena bosníaca musulmá. Á súa vez, a historia está baseada no libro Natasha's Story, que o guionista Frank Cottrell Boyce adaptou para o filme.
Welcome to Sarajevo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Welcome to Sarajevo |
Director | Michael Winterbottom |
Produtor | Damian Jones Channel Four Films Miramax |
Guión | Frank Cottrell Boyce |
Intérpretes | Woody Harrelson Stephen Dillane Marisa Tomei Goran Višnjić Emily Lloyd Kerry Fox |
Música | Adrian Johnston |
Fotografía | Daf Hobson |
Montaxe | Trevor Waite |
Distribuidora | Miramax |
Estrea | 1997 |
Duración | 103 min. |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | 9.000.000 USD |
Na rede | |
Sinopse
editarEn 1992, o reporteiro de ITN, Michael Henderson (Stephen Dillane) viaxa a Saraxevo, a asediada capital de Bosnia e Hercegovina. Coñece ao periodista estrela americano Jimmy Flynn (Woody Harrelson) na procura das historias e fotos máis emocionantes. O seu traballo permítelles presenciar en primeira liña o sufrimento dos habitantes de Saraxevo. A situación cambia cando Henderson realiza unha reportaxe desde un orfanato no cal 200 nenos viven en condicións desesperadas.
Coa axuda dunha traballadora humanitaria americana chamada Nina (Marisa Tomei), Henderson intentará levar aos nenos a un lugar seguro. Nun principio a escapada parece destinada ao fracaso cando milicianos serbios paran o autobús que leva aos nenos e raptan a todos os nenos musulmáns. Mais ao final Henderson consegue sacar á pequena Emira (Emira Nušević) fóra do país e acábaa adoptando.
Elenco
editar- Stephen Dillane (Michael Henderson)
- Woody Harrelson (Flynn)
- Marisa Tomei (Nina)
- Emira Nusevic (Emira)
- Kerry Fox (Jane Carson)
- Labina Mitevska (Sonja)
- Goran Visnjic (Risto Bavic)
- James Nesbitt (Gregg)
- Emily Lloyd (Annie McGee)
- Igor Dzambazov (Jacket)
- Gordana Gadzic (Sra. Savic)
- Juliet Aubrey (Helen Henderson)
- Drazen Sivak (Zeljko)
- Vesna Orel (Munira)
- Davor Janjic (Dragan)
- Vladimir Jokanovic (Tío de Emira)
Produción
editarRodaxe
editarAs filmacións foron feitas na propia Bosnia, apenas meses despois da fin dos combates, a mediados de 1996. Os escenarios de destrución (tanto nas escenas exteriores como interiores) son todos reais, aínda que tamén foron intercaladas imaxes documentais e xornalísticas do conflito.