Waregem
Waregem é un concello belga situado na provincia de Flandres Occidental, zona de fala flamenga. O concello comprende os núcleos de Beveren, Desselgem, Sint-Eloois-Vijve e o propio Waregem. En xaneiro de 2006 Waregem tiña 35.852 habitantes, sobre unha superficie de 44,34 km². A principal atracción de Waregem é a equitación, pois no seu hipódromo se disputan anualmente unhas importantes carreiras de cabalos que teñen lugar o primeiro martes despois do último domingo de agosto, e que van acompañadas dunha semana de festas locais.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Rexión | Rexión Flamenga | ||||
Provincia | Flandres Occidental | ||||
Distrito | Arrondissement of Kortrijk (en) | ||||
Capital | Waregem (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 38.347 (2020) (861,73 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa (valor oficial) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 44,5 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Waregem (en) | Kurt Vanryckeghem (2007–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8790, 8791, 8792 e 8793 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 056 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | waregem.be | ||||
Nas súas proximidades atópase o camposanto Americano de Flandres, onde están soterrados 368 soldados estadounidenses falecidos en Bélxica durante a primeira guerra mundial.
Véxase tamén
editarFamosos nados en Waregem
editar- Emile Claus, pintor