Voo 703 de Saratov Airlines
O voo 703 de Saratov Airlines foi un voo de pasaxeiros doméstico dende o aeroporto de Moscova-Domodedovo ao aeroporto de Orsk en Rusia. O 11 de febreiro de 2018 o avión que realizaba o voo, un Antonov An-148-100B, esnafrouse pouco despois da engalaxe matando 71 persoas a bordo, 65 pasaxeiros e 6 tripulantes.
Voo 703 de Saratov Airlines | |
---|---|
O avión do accidente
| |
Resumo | |
Data | 11 de febreiro de 2018 |
Causa | baixo investigación |
Lugar | preto de Stepanovskoe, óblast de Moscova |
Coordenadas | |
Orixe | Moscova-Domodedovo |
Destino | aeroporto de Orsk |
Finados | 71 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Antonov An-148-100B |
Operador | Saratov Airlines |
Pasaxeiros | 65 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0 |
Foi o primeiro accidente con vítimas mortais tras 438 días dun reactor comercial de pasaxeiros; o anterior accidente fatal deste tipo foi o voo 2933 de LaMia o 28 de novembro de 2016.[1][2]
Avión
editarO avión involucrado no accidente era un Antonov An-148-100B construído por Voronezh Aircraft Production Association,[3] con rexistro RA-61704, número de serie 27015040004 e equipado con dous motores Progress D-436. Voou por primeira vez en maio de 2010 e empezou a operar con Rossiya Airlines o 23 de xuño dese ano. Antes do accidente tivo dous incidentes menores en servizo; un motor deixou de funcionar o 28 de xullo de 2013 despois da perda do compresor en voo, e sufriu un fallo no tren de aterraxe dianteiro nunha engalaxe o 23 de agosto do mesmo ano. O avión fora alugado a Saratov Airlines en febreiro de 2017, un ano antes do accidente.[4]
Accidente
editarO voo era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende o aeroporto de Moscova-Domodedovo ata o aeroporto de Orsk, unha cidade preto da fronteira con Casaquistán, operado pola aeroliña rexional rusa Saratov Airlines. O hora de saída programada eran as 14:00.[5] O voo engalou de Moscova ao redor das 14:21.[4][6]
Varios minutos despois de engalar a velocidade e altitude do avión comezaron a flutuar. Momentos antes do accidente o voo 703 gañara unha altitude de 1 800 metros e unha velocidade do aire de 600 km/h. Entón perdeu altura rapidamente ata que desapareceu do radar a unha altitude duns 900 metros.[5]
O avión esnafrouse preto das vilas de Argunovo e Stepanovskoye no distrito de Ramensky do óblast de Moscova.[7][8] O accidente ocorreu ás 14:27 hora local (11:27 UTC), seis minutos despois de engalar de Moscova.[4] Testemuñas informaron de que o avión estaba en chamas durante a súa caída cara ao chan.[9] O choque foi gravado por unha cámara de vixilancia nunha casa próxima. Na gravación pode verse o avión impactar contra o chan e inmediatamente estoupar en chamas.[10]
A fiscalía rusa iniciou procedementos penais por presuntas violacións das regras de seguridade do tráfico aéreo. Atopou informes de que á aeroliña se lle prohibira operar rutas internacionais en 2015, e que estas se reiniciaran tras un cambio de políticas en 2016. O Servizo Federal para a Supervisión do Transporte Ruso (Rostransnadzor) afirmou que durante a exploración do avión accidentado, a aeroliña violara o procedemento do cambio de aceite nas caixas de engrenaxes, e o procedemento para limpar os filtros de aire de arranque.[11]
Pasaxeiros e tripulación
editarSegundo o manifesto de voo, o voo 703 levaba 65 pasaxeiros e 6 tripulantes. A meirande parte dos pasaxeiros eran residentes de Orenburg. O Ministerio de Situacións de Emerxencias ruso dixo que todos os pasaxeiros eran rusos agás dous, un de Acerbaixán e outro de Suíza.[12][3][13][14] Todos os ocupantes morreron no accidente. Os servizos de emerxencia chegaron ao lugar do sinistro 2 horas e media despois do accidente.[15]
O capitán era Valery Gubanov, de 51 anos, que acumulaba 5 000 horas de voo, das cales 2 800 eran no Antonov An-148, aínda que só 58 delas como piloto ao mando. O seu certificado médico expirara dous días antes do accidente.[16] O primeiro oficial era Sergei Gambaryan, de 35 anos de idade.[12]
Notas
editar- ↑ Reuters (ed.). "2017 safest year on record for commercial passenger air travel: groups". Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Forbes (ed.). "Nobody Died In Commercial Jet Crashes In 2017: Good News, But Not As Good As You Might Think". Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 The Telegraph (ed.). "71 feared dead as Russian plane crashes near Moscow". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 tvrain.ru (ed.). "«Коммерсантъ» назвал возможные причины крушения Ан-148". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Flightradar24 (ed.). "Saratov Airlines Flight 703 Crashed Outside of Moscow". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Russia Today (ed.). "Plane with 71 on board goes missing after taking off from Moscow".
- ↑ The Telegraph (ed.). "Russian plane 'crashes' after taking off from Moscow". Archived from the original on 11 de febreiro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Sky News (ed.). "No survivors after Russian plane carrying 71 people crashes near Moscow". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ tvrain.ru (ed.). "Опубликовано видео крушения Ан-148 в Подмосковье". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ ria.ru (ed.). "СК возбудил дело после крушения Ан-148 в Подмосковье". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ 12,0 12,1 "У командира упавшего Ана было пять тысяч часов налета". vesti.ru (en ruso). Consultado o 2021-11-26.
- ↑ "Interfax news - Interfax". web.archive.org. 2018-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2018. Consultado o 2021-11-26.
- ↑ "Новости - Московская межрегиональная транспортная прокуратура". web.archive.org. 2018-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2018. Consultado o 2021-11-26.
- ↑ "V Rusku se zřítilo letadlo se 71 lidmi, nehodu nikdo nepřežil - iDNES.cz". web.archive.org. 2018-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2018. Consultado o 2021-11-26.
- ↑ Саратова, Новости (2018-02-18). "СМИ: пилот разбившегося Ан-148 ругался с командиром из-за снижения самолета". Новости Саратова (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2022. Consultado o 2021-11-26.