Vocento
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2021.) |
Vocento é un grupo de comunicación de información xeral en España, con máis dun século de historia e formado por máis de 100 empresas. Xurdiu en setembro de 2001 da fusión entre o Grupo Correo e Prensa Española.
Historia
editarA orixe do Grupo Correo data de 1875 co nacemento de El Noticiero bilbaíno e a posterior aparición en 1910 de El Pueblo Vasco, pero é en 1938 cando nace El Correo Español-El Pueblo Vasco, principal referente do grupo. Por outra parte, a tradición de Prensa Española remóntase ao ano 1891, data na que aparece a revista Blanco y Negro, aínda que é en 1903 cando sae o principal diario da editora, o ABC.
Medios impresos
editarVocento conta con 14 periódicos: ABC e o diario gratuíto Qué!, como diarios nacionais, e 12 rexionais El Correo, El Diario Vasco, El Diario Montañés, La Verdad, Diario Ideal, Diario Hoy, Diario Sur, Diario La Rioja, El Norte de Castilla, El Comercio, Las Provincias e La Voz de Cádiz. Isto convérteo nun dos primeiros grupos de prensa escrita de España, con máis de tres millóns de lectores diarios e unha difusión de 800.000 exemplares en 2006.
A coordinación entre o periódico e a súa edición dixital, a radio, a televisión local e unha comercializadora publicitaria, conforma a estratexia multimedia rexional clave no desenvolvemento do grupo. A través das produtoras Grupo Europroducciones, BocaBoca ou Videomedia, Vocento está tamén presente na produción dalgúns dos programas máis populares da televisión española como Hospital Central, El Comisario e Pasapalabra. Ademais, a adquisición en 2006 de Tripictures, a principal distribuidora cinematográfica independente de España, fai que estea presente en todo o proceso audiovisual.
No ano 2010, Vocento está poñendo en marcha na TDT a canle "La 10", unha rede nacional de televisións autonómicas, grazas ás súas concesións actuais de licenzas, "ao estilo FORTA", pero non pública como esta, se non privada.