Vallibria
semanario literario galego
- Para os topónimos Vilamaior do Val de Brea (ou Vilamaior de Brea), ou Valibria (ou Vallibria) véxase o artigo Mondoñedo.
Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940.
Vallibria | |
---|---|
País | España |
Lugar | Mondoñedo |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1930 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarContou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Raimundo Aguiar, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.
Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra civil española, o 25 de xullo de 1936. Durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Vallibria". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 482–484. ISBN 84-8288-137-X.