Vocabulario ortográfico da lingua galega
O Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG, habitualmente pronunciado /bolga/) é a aplicación das prescricións indicadas nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, redactadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, e asumidas por lei. Malia circular en copias privadas durante anos, no ano 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa de facto (non de iure) para calquera obra lexicográfica xeral do galego.
Correccións ó VOLG
editarDebido a que o VOLG é simplemente un listaxe ortográfico coa categoría gramatical, convén aclarar as formas flexionadas, derivadas e conxugadas que presenten dúbidas.
Aclaracións necesarias na aplicación das NOMIG e do VOLG
editarAs NOMIG e a súa reforma de 2003, das cales o VOLG non é máis ca unha plasmación práctica, son un paso importante para a normalización do galego, pero:
- 1: hai que ter en conta que existen outras orientacións normativas para o galego (lusistas, reintegracionista etc.), aínda que as NOMIG e o VOLG son as que se ensinan maioritariamente no ensino formal e as esixibles por parte da administración autonómica e estatal;
- 2: considerando que o VOLG é unha extensión práctica no eido da ortografía das NOMIG, e que estas (como indica o seu título) son normas no campo da ortografía e da morfoloxía, dedúcese que:
- 2.1: tanto un coma a outra non son prescritivas no campo da fala nin do nivel fónico, e polo tanto da fonética e fonoloxía, e xa que logo en rigor non proscriben ningún fenómeno lingüístico diatópico, diafásico ou diastrático do galego (ieísmo, gheada, seseo, metafonía, despalatalización etc.);
- 2.1a: a prescrición do VOLG respecto á fala si se dá para:
- o que nas regras de acentuación se estableza para as sílabas tónicas e a cantidade total delas;
- o que no uso dos diacríticos se estableza para o grao de abertura das vogais medias;
- o que no uso da diérese se promulgue para os encontros tautosilábicos ou heterosilábicos na conxugación de determinados verbos (ï para o copretérito de verbos rematados en aer, oer, air e oir);
- o que no uso práctico das normas (é dicir, na súa aplicación, que é o VOLG) se estableza para a divisións silábica dos encontros vocálicos átonos das semiesdrúxulas ou esdrúxulas;
- 2.2: no relativo concretamente á pronuncia da contracción ao, as NOMIG especifican explicitamente que a súa pronuncia será de vogal velar semiaberta;
- 2.3: outro tanto pódese aplicar á norma léxica: que unha palabra non apareza no VOLG non indica que sexa incorrecta, simplemente non está recollida (esta idea está moi estendida, tanto no que respecta á normativa do galego coma verbo do dicionario da RAE);
- 3: cando as NOMIG e o VOLG dan dúas posibilidades e unha delas coma prefente hai que tomalo coma tal: pódense usar as dúas alternativas pero dáse unha preferencia oficial (se se quere, recomendación) por unha delas. Nalgúns casos a preferencia da normativa anterior á reforma era a inversa da posterior, probablemente coma método de integración de innovacións á normativa e sistema de transición gradual a unha normativa futura diferente da anterior;
Fe de erros: os erros do VOLG
editar- conserxe: no orixinal consta coma substantivo masculino, cando debería ser substantivo de dobre xénero;
- cha e cho: nas súas notas (non presentes na edición publicada) consta coma contracción de preposición + artigo, cando é contracción de pronome + pronome
Orde segundo a característica anotada
editarCuestións de ortografía
editarConxugación verbal e simplificación de grupos consonánticos
editarNos verbos que, nalgunhas das súas formas ao longo da conxugación, poidan presentar ocasionalmente unha combinación que debería simplificarse, o grupo consonántico mantense por analoxía coa grafía do resto das formas da conxugación. Exemplo disto sería:
Cando unha palabra composta é separada por guión, cada unha das súas partes recibe o til gráfico independentemente, e en coherencia con isto:
- non levan acento gráfico os adverbios rematados en mente, mesmo se están cortados dentro dunha enumeración de varios: drastica e definitivamente (non *drástica e definitivamente);
- no uso da segunda forma do artigo, consignarase se lle corresponde a cada palabra por separado: rematara-lo leite pero rematará-lo leite;
Un caso especial da primeira regra citada é o seguinte:
- ye-yé (...), pl. ye-yés
O acento gráfico poderíase considerar anormal pero non diacrítico, pois consígnase coa única función de obrigar á pronuncia oxítona do composto. Isto vén dado pola lóxica de que na ausencia de acentuación gráfica podería haber dúas pronuncias posibles e normativas. Outros dous casos de acento gráfico con comportamento anormal menciónanse máis adiante (os non prescritos -tén ou vén- e os non extrapolados ó plural -de ás e cós-)
Esta última circunstancia non se dá no caso do encontro de vogais vogais débiles e fortes en posición átona. A ortografía do galego (e de moitas linguas románicas, aínda que non do romanés) distingue co acento agudo (no romanés con outro grafema) o número de sílabas átonas, por exemplo, distinguindo a palabra ... (trisílaba: --) da palabra cambio (que debe ser cam-bio). A estas últimas, as que presentan un ditongo crecente postónico, adóitaselles chamar semiesdrúxulas, e no portugués son indistinguibles das anteriores. Debido a que no VOLG se consignan como semiesdrúxulas a maioría destas combinacións, pero en realidade os galegos na fala foxen de realizar ditongos crecentes rompéndoos coma hiatos, a ortografía non sempre está axustada ao que a xente di: aínda así, neste caso si existe unha prescrición fónica coma excepción do punto 2.1 das Aclaracións iniciais.
A pesar de que non consta explicitamente nas NOMIG, existen certos acentos gráficos que se poden consignar diacriticamente para distinguir o grao das vogais en dúas palabras que do contrario serían homógrafas, sempre marcando con acento agudo na palabra con vogal semiaberta:
- tén (3ª de indicativo) cf. ten (2ª de imperativo)
- tés (verbo ter) cf. tes (plural de (letra) T (ou coa súa forma))
- vén (3ª de indicativo) cf. ven (2ª de imperativo)
- vés (verbo vir) cf. ves (verbo ver)
Outras simplificacións consonánticas
editarAs NOMIG prescriben que os grupos consonánticos simplifícanse sempre que non dea lugar a ambivalencias. Os casos nos que se dá esta son:
- adición ('suma'), adicción ('necesidade, vicio')
Plurais regulares
editar- tutti (s.m.), pl. tuttis (infrecuente)
- nosopai (s.m.), pl. nosopais
Compostos coa partícula non-:
- non-aliñado (...), pl. non-aliñado (infrecuente)
- non-adhesión (...), pl. non-adhesión (infrecuente)
- non-intervención (...), pl. non-intervencións (infrecuente)
Compostos e estranxeirismos
- fox-trot (s.m.), pl. fox-trots
- walkie-talkie (s.m.), pl. walkie-talkies
- wáter-polo (s.m.), pl. wáter-pólos (infrecuente)
- ye-yé (...), pl. ye-yés
Plurais irregulares de palabras compostas
editarCompostos de pé:
- cempés (s.m.), pl. cempés
- repousapés (s.m.), pl. repousapés
- trespés (s.m.), pl. trespés
Compostos de cú:
- lavacús (s.m.), pl. lavacús
- rapacús (s.m.), pl. rapacús
- tapacús (s.m.), pl. tapacús
Tamén é o caso de:
- matacandís (s.m.), pl. matacandís
- chascarraschás (s.m.), pl. chascarraschás (infrecuente)
Plurais especiais
editar- ás (s.m.), pl. ases (sen acento diacrítico)
- cós (s.m.), pl. coses (sen acento diacrítico)
- xesuíta
- anacoreta
Cuestións de categoría gramatical
editar- daca (contr., de dá + acá): é paroxítona e amalgámase co pronome átono nunha soa palabra: dácame
- celibato, -a
- K.O.
- S.O.S [sic]
- TNT
- homónimo
- milenario
Pendente de solución
editar- cuscús (s.m.), pl. ? (infrecuente por incontable)
- K.O. coma adxectivo