Universidade Técnica de Berlín
A Universidade Técnica de Berlín (en alemán Technische Universität Berlin; abrev. TUB, TU Berlin); até 1946 Technische Hochschule Berlin, Instituto Técnico de Berlín) é unha Universidade pública que se encontra no barrio de Charlottenburg en Berlín, Alemaña.
Universidade Técnica de Berlín Technische Universität Berlin | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Berlín |
Fundación | 1879 |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi fundada en 1879 como Königlich Technische Hochschule (Real Escola Técnica Superior) sendo, por tanto, unha das máis antigas Universidades de Alemaña. Pasou a chamarse Technische Hochschule Charlottenburg (Escola Técnica Superior de Charlottenburg) pola fusión do preexistente Edificio da Academia (fundado en 1799) e da Academia Vocacional (fundada en 1829). Desde 1916 tamén se uniu a antiga Academia de Minaría, que se fundara en 1770.
O edificio principal foi proxectado en 1876-1877 por Richard Lucae, e inaugurado en 1884 na Straße des 17. Juni.
Pechouse despois da segunda guerra mundial o 20 de abril de 1945, e restableceuse o 9 de abril de 1946 co nome actual.
Actualidade
editarLocalizada nas proximidades do Tiergarten, a TU Berlin é membro da TU9, sociedade formada polas 9 mellores, máis antigas e prestixiadas universidades alemás, e a súa actividade céntrase na enxeñaría e a tecnoloxía. É socia fundadora do Europäische Institut für Innovation und Technologie, EIT (Instituto Europeo da Inovación e da Tecnoloxía).
Con máis de 32 000 alumnos en 90 programas de estudos,[1] é a terceira das Universidades públicas de Berlín, e unha das 20 maiores Universidades de Alemaña. O seu reitor é, desde o 1 de abril de 2014, o físico Christian Thomsen.
O campus da TU Berlin ocupa uns 600 000 m², distribuídos en varias localizacións no Berlín occidental.
O campus principal encóntrase no barrio de Charlottenburg. As súas sete facultades teñen uns 32 000 estudantes matriculados en máis de 50 programas. O 8 de xuño de 2005 había 6 721 persoas que traballaban na universidade: 319 profesores, 1 832 investigadores graduados e 2 089 persoas que traballaban na administración, os talleres e nas instalacións centrais.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ Ernst M. Schmachtenberg (2010): Glückwunsch, Dipl.-Ing.!: Ein Gütesiegel made in Germany wird 111 Jahre alt. ISBN 978-3-0003-2050-7.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Técnica de Berlín |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés).
- Telecommunication Networks (TKN) (Instituto de Redes de Telecomunicacións) (en inglés).