Tratado de París (1763)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
O Tratado de París foi asinado o 10 de febreiro de 1763 polo duque Choiseul, o marqués de Grimaldi e o duque de Bedford, poñendo así fin á guerra dos Sete Anos.
Historia
editarWilliam Pitt teimaba en manter vivo o conflito ata lograr o aniquilamento das forzas de Francia. Os tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Sete Anos, representaron unha vitoria para Gran Bretaña e Prusia. Para Francia supuxeron a perda da maior parte das súas posesións en América e Asia. A firma da paz tivo as seguintes implicacións:
- Francia concede a Inglaterra o Senegal, así como as súas posesións na India fóra de cinco prazas. En América cédelle Canadá, os territorios ao leste do río Mississippi (agás Nova Orleáns), Illa de Cabo Bretón, Dominica, Granada, San Vicente e Tobago.
- Inglaterra obtén de España a Florida, as colonias ao leste e sueste do Mississippi e Menorca.
- España obtén de Francia a Luisiana e de Inglaterra a devolución do porto da Habana e da cidade de Manila, ocupadas durante a guerra.
- Francia conserva a Illa de Gorée, os dereitos de pesca nas costas de Terra Nova e as illas de Saint-Pierre-et-Miquelon. Inglaterra devólvelle Guadalupe e Martinica.
- Portugal obtén de España a devolución da Colonia do Sacramento.
A Paz de Hubertusburgo foi asinada entre Austria, Prusia e Saxonia o 15 de febreiro de 1763. Xunto ao Tratado de París asinado no 10 de febreiro, marca o final da Guerra dos Sete Anos.
O Tratado de Hubertusburgo confirmou a Silesia como posesión prusiana e convertendo a esta última en potencia europea, baixo o reinado de Frederico II o Grande.