Tranvía de Tenerife
O Tranvía de Tenerife é a única rede de tranvía existente nas Illas Canarias. Inaugurouse o 2 de xuño de 2007 na illa de Tenerife. A empresa que explota o servizo é Metropolitano de Tenerife, Sociedad Anónima (MTSA).
Historia
editarEn Tenerife xa existiu un tranvía durante a primeira metade do século XX. Foi inaugurado o 7 de abril de 1901, cun trazado que comezaba na praza de España de Santa Cruz de Tenerife e finalizaba na praza de la Concepción de La Laguna. Foi deseñado polo enxeñeiro e militar segorbino Julio Cervera Baviera. O 27 de xullo de 1904 a liña é ampliada ata Tacoronte. En 1927 o Cabido de Tenerife faise coa compañía explotadora polos problemas económicos desta. O tranvía segue funcionando ata 1951, cando, por unha serie de problemas e accidentes mortais, ademais da falta de competitividade fronte ao coche, os taxis e a guagua, cesan os seus servizos.
A finais do século XX formúlase, por parte do Cabido, a construción dun novo tranvía que unha os dous centros urbanos da zona metropolitana Santa Cruz-La Laguna. Amplos sectores cidadáns e en menor medida, políticos da oposición, denuncian a falta de debate na elaboración deste proxecto. Argumentan que se trata dun gasto innecesario ao non se ter explotado axeitadamente os servizos de guaguas que existen actualmente, non se realizar políticas sobre transporte público e nin sequera se ter formulado medidas como os carrís exclusivos. Tamén hai queixas con respecto a que o percorrido previsto da liña 1, entre terminais, será máis longo e máis caro que o mesmo percorrido en guagua. Tamén se denuncia un encarecemento do prezo do traxecto das guaguas e unha diminución do servizo destas. Outra das queixas está en relación co gasto que supón este proxecto, correspondendo unha parte deste gasto coas campañas publicitarias do tranvía. Por outro lado, a maior parte das queixas xorden en relación ás molestias causadas polas obras. O custo foi duns 306 millóns de euros.[1]
As obras iniciáronse en 2004 e xa a finais de decembro de 2005 realizáronse as primeiras probas nun tramo de 600 metros entre as cocheiras (en Taco) e o Hospital Universitario de Canarias (en La Cuesta). A empresa encargada da fabricación dos vehículos (Alstom) fixo paulatinamente entrega das 20 unidades dos tranvías, sendo a última traída en agosto de 2006. As obras remataron oficialmente o 2 de xuño de 2007 coa entrada en funcionamento da liña 1.[2] Durante o día de inauguración, así como a fin de semana seguinte, realizouse un servizo de tranvía de balde, así como diferentes xornadas de portas abertas e habilitáronse carpas en distintas paradas para degustar produtos típicos das Canarias.
En xaneiro de 2011 a parada de Padre Anchieta foi trasladada dende a súa situación inicial, na avenida Trinidad, á súa localización actual xunto ao Intercambiador de Transportes de La Laguna, cun custo de 900.000 euros.[3]
Material móbil
editarO material móbil compóñeno os trens lixeiros (tranvías) modelo Citadis de Alstom (o mesmo que utiliza o Metro Lixeiro de Madrid, o Tranvía de Parla e as liñas Trambaix e Trambesòs de Barcelona), entre cuxas características se pode destacar o seu piso baixo 100%, unha velocidade máxima de 70 km/h e a alimentación por catenaria aérea a 750 V a corrente continua. Circulan pola dereita en composicións de cinco módulos, sendo nos carnavais de 2010 a primeira vez que se utilizou o sistema de dobre tranvía na liña 1 para satisfacer a demanda de viaxeiros.
Trazado
editarLiña 1
editarA liña 1 (Intercambiador - Trinidad) consta de 21 paradas ao longo dun trazado de 12,5 km e dá cobertura a unhas 46.000 persoas ao día na área metropolitana. Cada unidade dos 20 tranvías está capacitada para trasladar a 200 pasaxeiros (60 sentados) a unha velocidade máxima de 70 km/h (aínda que, por seguridade, só alcanza os 50 km/h en tramos rectos ou con lixeiras curvas.[4]
Metropolitano de Tenerife ten previsto aumentar o percorrido da liña facendo unha ampliación con catro paradas máis, incluída unha última no Aeroporto de Tenerife Norte, co que ao percorrido actual se lle engadirían as paradas de San Antonio, San Lázaro, Park and ride e Los Rodeos-TFN.
Liña 2
editarDende o 30 de maio de 2009, tamén está en servizo a liña 2, que vai de La Cuesta ata Tíncer. Está previsto tamén levar a liña ata La Gallega (barrio de Santa Cruz) para dar cobertura a maior poboación.
Parada | Imaxe | Liña/s | Observacións |
---|---|---|---|
La Cuesta | Parada cabeceira | ||
Ingenieros | --- | ||
Hospital Universitario | Parada de transbordo | ||
El Cardonal | Parada de transbordo | ||
San Jerónimo | --- | ||
Tíncer | Parada cabeceira |
Liña 3
editarEstá proxectada unha terceira liña que se prevé que discorra pola costa da capital tinerfeña, negando así noticias difundidas de que ía pasar polo centro da cidade de Santa Cruz.[5]
Notas
editar- ↑ Historia do tranvía Arquivado 20 de setembro de 2009 en Wayback Machine. Páxina 11. Consultado o 18 de abril de 2010.
- ↑ "Tenerife xa pode montarse no Tranvía". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2011. Consultado o 10 de xullo de 2015.
- ↑ O traslado da parada do tranvía custa 900.000 euros
- ↑ Metropolitano de Tenerife. Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 18 de abril de 2010.
- ↑ http://www.laopinion.es/tenerife/2009/12/02/cabildo-niega-proyecto-linea-tres-centro/258323.html Liña 3 do tranvía
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tranvía de Tenerife |