Trambesòs
O Trambesòs é a denominación que recibe a rede de tranvía xestionada por Trammet que une Sant Adrià de Besòs coa cidade de Barcelona. Foi inaugurado o 8 de maio de 2004.
A ruta comeza ao lado do Parc de la Ciutadella de Barcelona e vai en sentido Besòs chegando ata a estación de tren de Sant Adrià de Besòs, aínda que nun primeiro momento só funcionaba entre Glòries e Estació de Sant Adrià.
Percorrido
editarAs liñas do Trambesòs teñen algúns tramos en común. A ruta T4 inicia o seu percorrido en Ciutadella|Vila Olímpica e acaba na Estació de Sant Adrià. A T5 empeza en Glòries onde enlaza coa T4 e finaliza o seu percorrido en Gorg. A T6 comparte parte do seu percorrido tanto coa T4 como coa T5 xa que enlaza Gorg (T5) con Estació de Sant Adrià (T4) mediante unha bifurcación para pasar por la Mina.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |