Tobi (トビ) é un personaxe do manga e anime Naruto. É membro da Organización Akatsuki, o de máis recente entrada, trala morte de Sasori ao cal substitúe. Inicialmente foi subordinado de Zetsu, e cando entrou en Akatsuki formou equipo con Deidara. Leva o que foi o anel de Sasori, 玉 (a virxe), no polgar esquerdo.

Naruto: Shippūden
Nome real Tobi
Idade Descoñecida
Altura 175,0 cm
Peso 55,9 kg
Ocupación Líder de Akatsuki/Mizukage
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Lume
Mestre Descoñecido
Equipo Descoñecido
Familia Clan Uchiha
Jutsu
  • Sharingan
  • Descrición

    editar

    Tobi ten o pelo negro e unha máscara laranxa cun deseño en espiral que lle cobre a face por completo. O centro da espiral sitúase sobre o lugar do ollo dereito, no cal se ve que posúe o Sharingan. Non leva ningún protector visíbel, así que non se pode identificar a Aldea Oculta da que provén, aínda que ao posuír o Dōjutsu do clan Uchiha parece que é da vila de Konoha.

    Ao principio ten un carácter atípico: é bromista, berra moito, e é pouco serio para ser un membro de Akatsuki, onde os demais son perigosos criminais e renegados, aínda que durante unha pelexa con Deidara, Pain di que non se enfronte a el ou verá o verdadeiro poder de Tobi. Non se sabe nada do seu pasado antes do seu ingreso na organización, nin sequera do seu período como axente de Zetsu.

    A pesar de estar sempre de regueifa con Deidara polos seus mal elixidos comentarios, respéctao, como demostra ao falar con el. Malia ameazalo de morte e, ata atacalo coa arxila explosiva nalgunha que outra ocasión, Deidara pediu desculpas a Tobi por inmolarse, o que demostra certo respecto por el. A Kisame tamén lle cae ben por que segundo as súas palabras era o único que tiña a habilidade de alegrar unha organización melancólica e aburrida.

    Porén esta só é unha parte da personalidade de Tobi, máis tarde descóbrese probabelmente como o Líder de Akatsuki, tendo unha personalidade seria, cunha gran capacidade de oratoria e cunha grande intelixencia.

    Historia

    editar

    Segunda Parte

    editar

    O secuestro de Gaara

    editar

    Realiza a súa primeira aparición no capítulo 280 do manga trala batalla de Konoha contra Akatsuki na Aldea da Area. Cando Zetsu e el, en calidade de subordinado, van buscar o corpo de Sasori, para recuperar o seu anel. El é quen atopa a xoia e aprópialla, dicindo que agora que quedou un oco pode entrar en Akatsuki. Unha das metades de Zetsu oponse, pero a outra, a branca, apóiao nisto. Finalmente substitúe a Sasori. Atopou tamén o brazo dereito de Deidara, mais o Akatsuki apareceu para recollelo antes de que Tobi puidese facer nada.

    A nova parella Akatsuki: Tobi e Deidara

    editar

    Logo disto, pasou a ser o compañeiro de Deidara, con quen tivo que capturar a Sanbi, o Bijū de tres colas. Do combate só se ve como o monstro persegue a Tobi, e como Deidara fai estoupar un dos seus animais de arxila xunto a el para debilitalo. Trala vitoria do equipo, Tobi afirma que o conseguiron grazas ao seu "poderoso jutsu" non mostrado, aínda que o seu compañeiro discrepa disto xa que Sanbi non posuía a ningún jinchūriki que o fixese realmente perigoso para eles.

    Sasuke contra Deidara

    editar

    Trala derrota de Orochimaru a mans de Sasuke Uchiha, o seu irmán máis vello Itachi Uchiha perfílase como o seguinte obxectivo do Uchiha e o seu equipo Hebi, así pois Akatsuki ponse en estado de alerta, Deidara e Tobi logran atopar a Sasuke antes que ninguén e estabelecen batalla con el. Nun primeiro momento agóchase del polo medo que lle provocou a mirada de Sasuke ao comparar o seu parecido co de Itachi e ao comezar un combate recibe unha estocada do Chokuto de Sasuke grazas ao seu Sunshin Jutsu, pero o estraño Akatsuki levántase indemne. Deidara toma a iniciativa do combate co seu C1 pero Sasuke logra volver a súa estratexia contra el e facelo retroceder.

    Cando Deidara se ve forzado a usar o seu C2, Tobi encárgase de colocar minas baixo o chan (co que parece) un jutsu do tipo Doton (como o que usa Kakashi para agocharse baixo a terra). Após iso mantense á marxe da pelexa mentres Deidara e Sasuke combaten. Cando o seu compañeiro resulta derrotado polo Uchiha a pesar de usar o seu C4 e suicidarse, Tobi atópase no radio da explosión (2 quilómetros) e o propio Pain dáo por morto cando informa ao resto da organización da derrota de Deidara, Kisame conta del que tiña a habilidade de alegrar unha organización tan escura como é Akatsuki.

    Jiraiya contra Pein

    editar

    Con todo, o propio Tobi preséntase máis tarde mostrando ante Konan e o líder de Akatsuki, e como se fose o líder da Organización, e cun carácter moi distinto ao que nos tiña acostumado. Así pois ordena a Pain e a súa compañeira a caza do Kyūbi. E o propio Tobi sorprendentemente autodefínese como Madara Uchiha. Máis tarde vémolo sentado no Val da Fin cando Jiraiya fala sobre o fundador do clan Uchiha e como sospeita da súa responsabilidade no ataque de Kyūbi a Konoha xusto antes de iniciar o seu combate.

    Itachi contra Sasuke

    editar

    O equipo de Konoha atópase con Tobi cando tratan de seguir a Sasuke (que partiu ao seu enfrontamento co seu irmán Itachi). Naruto tenta derrotalo rapidamente co seu Rasengan, pero os seus jutsus e ataques non fan efecto en Tobi, que toma a dianteira do breve combate e se burla del.

    As formacións de ataque de Konoha non serven contra Tobi, que parece poder facer desaparecer o seu corpo a vontade, Shino Aburame logra situalo e alcanzalo co seu Hijutsu Mushidama e drenarlle o seu chakra, cando parece atrapado desaparece (segundo Kakashi usando un jutsu espazo-temporal, como o de Minato Namikaze). Zetsu chega para informar da morte de Itachi e a vitoria de Sasuke, Tobi de súpeto cambia do seu carácter burlón de sempre a serio e admite que previra iso, e disponse a marchar, nese intre o seu sharingan crúzase co de Kakashi...

    A revelación de Madara: a verdade sobre os Uchiha

    editar

    Tobi abandona o lugar xunto a Zetsu, mentres Kakashi e os demais atopan o lugar do combate entre Itachi e Sasuke. Tobi, e pouco despois Zetsu, chegan ao lugar. O líder da organización sostén que logo se relaxará co lembrado por Zetsu verbo do combate e ordénalle ao estraño membro de Akatsuki levar o cadáver de Itachi mentres el vai co malferido Sasuke. Nunha gorida cavernosa, Tobi aplícalle primeiros auxilios ao mozo Uchiha, cando este se esperta recórdalle a súa pelexa con Deidara aínda que rexeita ser o seu inimigo. Tras isto disponse a revelarlle a verdade sobre o seu irmán Itachi, ante a desconfianza de Sasuke, Tobi descobre o seu sharingan, e un estupefacto Sasuke activa o seu no ollo esquerdo.

    Ante o sharingan de Tobi, Sasuke transforma inconscientemente o seu propio no mangekyō sharingan de Itachi, e libera o Amaterasu sobre Tobi. A pesar disto o Akatsuki emerxe intacto e afirma que Itachi sempre o ameazaba, ata após morto, tras o cal explica que o maior dos Uchiha lle deixou a Sasuke as súas técnicas oculares para protexelo. Ante a incredulidade e confusión de Sasuke, Tobi revélase a si mesmo como Madara Uchiha e disponse a explicarlle o modo de vida do seu irmán máis vello a Sasuke, xa que sempre quixo protexer o mundo ninja, a Aldea Oculta de Konoha e sobre todo ao seu irmán máis novo. Sasuke perde os papeis ante isto e acaba por desmaiarse, polo que Tobi se ve forzado a atalo e unha vez acougado disponse a contarlle a verdade sobre Itachi, unha verdade que só o falecido Hiruzen Sarutobi (o Sandaime Hokage), Danzō e os dous conselleiros de Konoha coñecen, Sasuke non cre que alguén que asasinou a todo o seu clan puidese protexelo e Tobi confirma que o fixo seguindo ordes de Konoha. Tobi revélalle que moitos anos atrás entre os belicosos clans ninja o poder o era todo, e que para atinxir o máximo poder asasinou o seu amigo e mailo seu irmán, tras facerse co control do clan sobreveu un enfrontamento continuo co clan Senju e o seu líder, o que posteriormente sería Shodaime, chamado Hashirama Senju.

    Ámbolos clans rivais loitaron ata a extenuación, mais os Senju ofreceron unha tregua, a pesar de que Madara se opuxo, o clan Uchiha aceptouno e creouse a aldea de Konoha, con Hashirama como líder. Madara temeu que este se volvese contra o seu clan e enfrontouse a Shodaime, pero ata o seu propio clan o acusou de codicioso e ata lle recriminou que lle quitase os ollos ao seu irmán. Madara abandonou a aldea e enfrontouse a Shodaime, perdendo o enfrontamento e sendo dado por morto. Tobirama Senju (Nidaime) deulles a potestade policial aos Uchiha para mantelos so vixilancia e co tempo algúns disidentes xurdiron entre os Uchiha, co ataque de Kyūbi á aldea, Danzou e os conselleiros culparon os Uchiha e marxináronos a pesar de que o Sandaime se opuxo. Os Uchiha planearon un Golpe de estado sobre a aldea, pero Konoha infiltrou un espía entre os Uchiha, Itachi Uchiha.

    Inicialmente Itachi era un espía dos Uchiha en ANBU comandado polo líder do clan: Fugaku Uchiha así e todo Itachi, que vivira a Terceira Guerra Ninja con só 4 anos, comprendía a inestabilidade que traería un Golpe de estado, traizoou ao seu clan, converténdose nun dobre espía, cousa que culmina coa orde de asasinar a todo o seu clan para eliminar calquera risco. Itachi decatouse de que Madara Uchiha seguía vivo, infiltrado nos ANBU e disposto a causar unha guerra, ofreceulle acabar co clan coa condición de que abandonase as súas pretensións sobre Konoha, malia o intento de acordo de Sandaime, a orde foi executada. Porén, Itachi foi incapaz de matar o seu propio irmán, ameazou a Danzou con descubrir o complot se Sasuke fose danado e fixo prometer a Hiruzen Sarutobi que non lle contaría a verdade; así Itachi empuxou o seu irmán a unha vida de cólera e odio co fin de facelo forte e morrer ás súas propias mans un día, para facelo merecedor dun novo poder, a confianza de Sasuke crébase ante esta revelación e non dá creto ao contado por Tobi. Sasuke replica aludindo ao seu combate, no que Itachi usou o seu mangekyō sharingan, Tobi explica que iso foi un plan para forzalo ata o límite e poder liberalo do selo maldito e de Orochimaru, tamén lle preveu de Madara e outorgoulle o seu Amaterasu para que non crese a súa historia. Itachi uniuse a Akatsuki para poder defender Konoha desde dentro, trala morte de Sandaime apareceu como aviso cara a Danzou e os conselleiros e finalmente alargou a súa vida medicándose, loitando contra unha enfermidade terminal que o consumía para poder morrer ante Sasuke e legarlle a honra de vingar os Uchiha.

    Posteriormente, un Sasuke xa recuperado ante unha praia, chora ao lembrar as derradeiras palabras do seu irmán, e ante o equipo Hebi e o propio Tobi, proclama que a partir de agora o seu equipo se chamará Taka (falcón) e mentres amosa os seus novos ollos dá a coñecer o seu obxectivo: destruír Konoha. Pouco despois, Tobi aparece ante Sasuke nunhas ruínas mentres este recorda a marcha de Itachi da aldea para preguntarlle se tomará os ollos do seu irmán, ao que Sasuke responde negativamente, xa que planea labrarse o seu propio camiño.

    Logo vese a Tobi falando con Kisame Hoshikage, dille que lamenta telo enganado e quítase a máscara ensinando o seu verdadeiro rostro, Kisame recoñéceo como o Mizukage e dille que se será máis doado para el facer o seu traballo, sabendo que el está ao mando, chámao Madara, revelando que este tamén é o Mizukage. Tras isto, procede a declarar oficial a unión entre "Taka" e Akatsuki, na cal explica que son os bijuus, declarando que Shodaime posuía varios deles, os cales repartiu logo de que comezasen os tratados de paz e agora Akatsuki posúe sete, os cales pon a disposición de Sasuke e o seu grupo, con tal de que cazen ao bijū restante (sen contar ao Kyūbi, do cal se ocupan eles). Pouco despois de dar por terminada a reunión vémolo falando con Zetsu, dicindo que xa ten o camiño libre para atacar a Konoha e (sobre todo) o poder sobre Sasuke.

    Identidade real

    editar

    No capítulo 364 do manga, Tobi revélase como a persoa que manexa Akatsuki, dándolle ordes a Pain (quen ata o momento se mostrou como líder), e noméase a si mesmo como Madara Uchiha á vez que amosa o sharingan no seu ollo dereito. Aparece noutro capítulo enriba da estatua de Madara Uchiha no Val do Fin, lugar onde levou a cabo a pelexa entre Naruto e Sasuke Uchiha ao final da primeira parte da serie. Pain dille a Zetsu ao final da súa pelexa con Jiraiya que Madara lle ordenou capturar o Kyubi, referíndose a Tobi.

    Alén disto, tamén é recoñecido como o Mizukage e hai moitas outras teorías de que pode ser como Obito Uchiha ou Danzō.